A hostalaría agarda unha ocupación turística do 92% para esta primeira ponte do outono

As altas cifras de visitantes non veñen acompañadas dun gran consumo na cidade

A preocupación pola falta de taxis leva ao sector en Compostela a demandarlle ao Concello máis licenzas

Ambiente nas rúas compostelás durante a xornada de onte, véspera da ponte do Pilar na que se espera unha grande afluencia turística  / Antonio Hernández

Ambiente nas rúas compostelás durante a xornada de onte, véspera da ponte do Pilar na que se espera unha grande afluencia turística / Antonio Hernández / Ana Triñáns

O bo tempo e as importantes cifras de visitantes que no que vai de ano acolleu Santiago leva a hostalaría local a agardar unha primeira ponte do outono, a ponte do Pilar, cunha importante afluencia de visitantes, anque dende as diferentes asociacións tamén lamentan o feito de que nos últimos anos a cifra de turistas non se reflicta no consumo e gasto que se fai na cidade.

A nova presidente da Hostelería Compostela, Sara Santos Ferreiro, explica que “hay hoteles que ya están al 100%, especialmente los que están situados en el casco antiguo”. Santos confirma tamén que o dato “anima a todo el sector, no sólo a los que tenemos alojamiento, porque se prevén días de mucha afluencia de visitantes en la ciudad que redunda en el beneficio de la hostalería”, aínda que matiza que “no hay que olvidar que la tendencia de gasto de los últimos tiempos ha sido a la baja”.

A comezos de outubro, as previsións marcaban unha ocupación de arredor de 90% que nesta semana xa ascendou ao 92%. Unhas cifras que superan con moito o 80,9% de ocupación do mes de agosto, segundo os últimos datos recollidos polo INE (Instituto Nacional de Estatística) e que indican a progresión á alza do turismo en Compostela unha vez superada a pandemia.

O expresidente de Hostelería Compostela, e agora vicepresidente da asociación, Thor Rodríguez, explica que se agarda unha ponte “con una ocupación más elevada de lo habitual”. Segundo Rodríguez, as previsións foron positivas dende xa hai tempo, “la gente reservó con antelación, parece que el clima va a acompañar y eso puede provocar que otra gente de los alrededores se acerque a Santiago, pensamos que puede ser una buena semana en la hostelería y la hotelería en general”.

Na mesma liña maniféstase Lois Lopes, de hostalaria.gal, que agarda unha boa afluencia turística, “a perspectiva é boa, o resto do outuno contamos que sexa coma en anos anteriores, que se alonga un pouco a campaña ata o Nadal, practicamente, ata a ponte da Constitución”.

Sara Santos, que agarda poder reunirse coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, para trasladarlle as inquedanzas da asociación, reclama a necesidade de ampliar as licenzas de taxis. “Tenemos temas sobre la mesa que nos preocupan, como el tema de los taxis, que está afectando al sector y también a los vecinos, continúa habiendo largas esperas para contactar con las operadoras”, conta Sara Santos, “para nuestros clientes es un incoveniente grandísimo”. Ainda que tamén asegura que dende Hostelería Compostela están “contentos con la propuesta de la alcadesa de ampliar horarios, pero creemos que el problema está más en las licencias, hay que revisar las que están vigentes, porque lo que necesitamos es servicio”.

Dende a perspectiva de Lois Lopes, a cuestión do número de taxis é “puntual, é unha problemática xeral ao longo de todo o ano que se volve grave cando hai eventos”. Refírese Lopes a períodos do ano con turismo de congresos ou festivais pero recalca que “en agosto houbo moitísima xente e non houbo os problemas de setembro cos congresos”.

Mentres desde Hostelería Compostela afirman a necesidade de que haxa máis licenzas de taxis, hostalaria.gal, logo de reunirse co sector do taxi, demanda “man de obra cualificada para poder traballar máis horas, que era o que solicitaban os propios taxistas, volver facer cursos de capacitación para poder contratar máis chóferes”. Lois Lopes considera que “o transporte non se pode arranxar exclusivamente con taxis, o concello propón ampliar o número de licenzas pero os taxistas din que non hai necesidade, senón que falan de ampliacións puntuais”.

As cifras dende a pandemia

O 92% de ocupación hoteleira que se prevé para este mes de outubro está moi por riba do rexistrado no mesmo mes de 2022, cando se acadou a porcentaxe de 66,98%, ou de 2021, cun total de 58,26% de ocupación en outubro. Mais en calquera caso o que se amosa dun xeito moi claro é a recuperación turística logo da pandemia, xa que en 2020 a procentaxe de ocupación hoteleira non chega ao 20% (18,8%).

Durante todo 2023, as cifras de ocupación foron medrando de maneira constante, pasando do 30,37% de xaneiro ao 37,01% de febreiro e o 40,01% de marzo. O segundo trimestre do ano a afluencia turística continuou en aumento, cun 58,53%, un 68,04% e un 67,68% correspondentes aos meses de abril, maio e xuño respectivamente. A falta de coñecer os datos do INE sobre a ocupación no mes de setembro, si sabemos que en xullo xa se rondou o 70% (69,55%), que se superou en dez puntos no mes de agosto cunha porcentaxe total do 80,90% que agora se prevé superar en 12 puntos.

Estas cifras, segundo explican tanto dende Hostelería Compostela coma dende hostalaria.gal, non son uniformes en canto a ocupación na cidade histórica ou no resto da cidade. Thor Rodríguez matiza que se vén o turismo que se agarda para esta ponte se hospeda maioritariamente na cidade histórica, cando falamos de turismo de congresos, por exemplo, son os grandes hoteis de fora do casco antigo os que soportan a carga de visitantes.