O tempo en Santiago: o Concello cerra hoxe varios parques da cidade por mor de grandes refachos de vento

Chegarán a ser superiores a 70-80 km/h durante o día

Santiago vivió cinco días con más de treinta grados en la primera quincena de octubre

A entrada á Alameda de Santiago por Porta Faxeira, noutra ocasión na que se tivo que pechar

A entrada á Alameda de Santiago por Porta Faxeira, noutra ocasión na que se tivo que pechar / ECG

El Correo Gallego

Este martes na comarca de Santiago de Compostela, a presenza dunha borrasca preto de Galicia, deixará un día co ceo parcialmente cuberto e con precipitacións co avance do día.

Nas temperaturas máximas non haberá grandes cambios, hoxe en Compostela chegaremos preto dos 20 graos e o vento soprará forte de compoñente sur.

Por mor desta previsión de fortes refachos de vento superiores a 70-80 km/h durante o día, o Concello de Santiago comunicou que varios parques da cidade permanecerán pechados mentres persistan estas condicións meteorolóxicas adversas.