Sanmartín sobe os prezos do aparcamento da Choupana "porque así o indican os pregos"

A alcaldesa de Santiago fixo tamén referencia á xuntanza de este martes entre o goberno local e as consellarías de Sanidade e Infraestruturas para resolver cuestións como o aparcamento do Hospital Clínico (CHUS) ou o acordo para a investidura de Pedro Sánchez que este luns asina a líder do BNG, Ana Pontón

La alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, durante la rueda de prensa posterior a la Xunta de Goberno

La alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, durante la rueda de prensa posterior a la Xunta de Goberno / Raxoi

Goretti Sanmartín dá conta dos acordos da xunta de Goberno local e indica que a inspección técnica e os pregos obrigan que se debe incrementar o prezo do aparcamento da Choupana, que sobe de 2,25 euros a 2,40 durante a primeira hora. Durante a súa comparecencia de prensa, a alcaldesa de Santiago fixo tamén referencia á xuntanza de este martes entre o goberno local e as consellarías de Sanidade e Infraestruturas para resolver cuestións como o aparcamento do Hospital Clínico (CHUS) ou o acordo para a investidura de Pedro Sánchez que este luns asina a líder do BNG, Ana Pontón.

Sobre o primeiro punto, Sanmartín asegurou que dende a Xunta non recibiran comunicado ningún sobre eses 4,8 millóns de euros que a administración autonómica indicaba este fin de semana aos medios qur debía achegar o Concello de Santiago para o aparcamento do CHUS. A alcaldesa recalcou que "a postura do Goberno local é clara, o custo debe asumilo a Xunta xa que o estudo de mobilidade indica que o 80% das prazas son ocupadas por persoal do hospital e a área sanitaria vai máis alá de Compostela".

En canto aos beneficios para Santiago do acordo de goberno para a investidura de Pedro Sánchez, Sanmartín destacou o incremento da achega do Estado ao Consorcio e á EDAR da Silvouta. Neste último caso, a achega do Goberno central pasa do 65% ao 80%. "O que supón un aforro sobre a cantidade licitada de nove millóns de euros", indicou a alcaldesa. Aínda que haberá que agardar á concesión final para coñecer o custo final, Sanmartín destaca que "se pasa dun custo de arredor de once millóns de euros a 1.900.000" para o Concello.

En canto ao Consorcio, do incremento da achega por parte do Goberno central, a alcaldesa infire un aumento da achega da Xunta, pois logo da reunión co presidente autonómico, Alfonso Rueda, "o compromiao era que se incrementaba a achega o Estado tamén o faría a Xunta". Sobre este punto o máis salientable para Sanmartín, alén de conseguir o incremento da achega "pendente de hai anos", é a posibilidade de ampliar as obras do Pazo de Congresos, pasando de ser só nas cubertas a intervir tamén no interior.