Berta Dávila e Juan Tallón, finalistas do Premio Novela Europea Casino de Santiago

O obxectivo deste premio é fomentar a lectura das novelas finalistas, que serán promocionadas en diferentes librerías, biblioteca e espazos socioculturais

Estas son as novelas finalistas do Premio Novela Europea Casino de Santiago

Estas son as novelas finalistas do Premio Novela Europea Casino de Santiago / CEDIDA

A Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago acolleu a presentación este venres das novelas finalistas da XVII edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago. Entre elas, as de Berta Davila e Juan Tallón,(colaborador de Editorial Prensa Ibérica) os únicos galegos que aspiran ao galardón.

Na presentación das obras finalistas participaron Ubaldo Rueda e Maribel Martín, presidente e vicepresidenta da Asociación Cultural Casino de Santiago, Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística , Fuencisla Cid, Directora de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés en Galicia e Asturias, Guadalupe Rodríguez, Directora do CSC Coralia e Maruxa e responsable dos Clubs de lectura de los CSC do Concello de Santiago, Jesús Torres, Director da Biblioteca Ánxel Casal e Loli Sans, responsable del Comité de selección das novelas finalistas.

O obxectivo deste premio é fomentar a lectura das novelas finalistas, que serán promocionadas en librerías de Santiago, nas bibliotecas da Xunta, nos Centros Socioculturais e comercios da capital galega, nas librerías de El Corte Inglés de Galicia e Asturias e nas librerías Santos Ochoa de Logroño, Salamanca e Barcelona, ademais doutras librerías en cidades europeas.

As obras finalistas do Premio Novela Europea

Estas son as cinco novelas finalistas do Premio Novela Europea Casino de Santiago:

  • Empezamos por el final de Chris Whitaker (Ed Salamandra)
  • La ciudad de los vivos de Nicola Lagioio (Ed Random House)
  • La postal de Anne Berest (Ed Lumen)
  • Obra maestra de Juan Tallón (Ed Anagrama)
  • Os seres queridos de Berta Dávila (Ed Xerais)