Presentación das novelas finalistas do Premio Novela Europa Casino de Santiago

O acto terá lugar hoxe, ás 10.30 horas, na sala de ámbito cultural de El Corte Inglés de Santiago

El Corte Ingles acollerá hoxe a presentación das obras finalistas

El Corte Ingles acollerá hoxe a presentación das obras finalistas / REDACCIÓN

A sala de ámbito cultural de El Corte Inglés de Santiago acolle hoxe, ás 10.30 horas, a presentación das novelas finalistas da XVII edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago.

No acto participarán Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Fuencisla Cid, directora de Comunicación e Relacions Institucionais de El Corte Inglés en Galicia e Asturias; Guadalupe Rodríguez, directora do CSC Coralia e Maruxa e responsable dos Clubs de lectura de los CSC do Concello de Santiago; Jesús Torres, director da Biblioteca Ánxel Casal; José Antonio Seijas, presidente de Comercio Punto Compostela; Loli Sans, responsable do Comité de selección das novelas finalistas; e Ubaldo Rueda e Maribel Martín, presidente e vicepresidenta da Asociación Cultural Casino de Santiago.

O premio Novela Europea Casino de Santiago “pretende promover a lectura e o espírito europeísta, convertendo a toda a cidade de Santiago e ás outras cidades españolas e europeas en xurado dun premio literario concedido a escritores europeos”. Unha comisión de expertos selecciona cinco novelas de escritores europeos publicadas no ano anterior, obras que serán promocionadas como novelas finalistas en librerías de Santiago, bibliotecas da Xunta, Centros Socioculturais e comercios de Santiago, librerías de El Corte Inglés de Galicia e Asturias e librerías Santos Ochoa de Logroño, Salamanca e Barcelona, ademais de librerías en cidades europeas.

É un premio que “conta co apoio do conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e coa colaboración do Concello de Santiago a través dos Centros Socioculturais; dos Corte Inglés de Galicia e Asturias gracias ó esforzo de Fuencisla Cid, gracias tamén ás librarías de Santiago con Pedreira, San Pablo Gallaecia e Follas Novas como principais protagonistas e finalmente ao Comercio de Proximidade, un dos grandes dinamizadores da cidade, que preside José Antonio Seijas”, destacan desde o Casino. 

Con este galardón tamén colaboran a cadea de librarías Santos Ochoa, con establecementos en A Coruña, Salamanca, Logroño e Barcelona. “E sen olvidar un dos grandes dinamizadores deste premio, as Bibliotecas da Xunta de Galicia, que neste caso coordina o director da Biblioteca Ánxel Casal, Jesús Torres”, apuntan desde a organización do Premio Novela Europea Casino de Santiago.