Volve o Facom Fest: un festival de cine realizado por estudantes da USC

Organizado por estudantes de Comunicación Audiovisual, terá lugar en diferentes espazos da Universidade de Santiago entre o 27 e o 30 de novembro

Nesta segunda edición, o festival recibiu un total de 69 inscricións, das cales se seleccionaron 29 dentro da Sección Competitiva e 8 na Sección Non Competitiva

Volve o Facom Fest: un festival de cine realizado por estudantes da USC

Volve o Facom Fest: un festival de cine realizado por estudantes da USC / Facom Fest

Arrinca unha nova edición do festival de cine Facom Fest, que terá lugar en diferentes espazos da Universidade de Santiago (USC) entre o 27 e o 30 de novembro.

Organizado polo alumnado de 4º de Comunicación Audiovisual da USC, ten como finalidade achegar á cidade e á comunidade estudantil un espazo onde os estudantes dean a coñecer as súas obras e poñer en valor o traballo da creatividade da xuventude galega.

Nesta segunda edición, o festival recibiu un total de 69 inscricións, das cales se seleccionaron 29 dentro da Sección Competitiva e 8 na Sección Non Competitiva.

Como novidade neste ano, permitiuse a participación de todo o estudantado galego, independentemente dos estudos realizados e do centro formativo, polo que as pezas recibidas son de diversas procedencias. Así, ademais de vir das tres principais universidades galegas (USC, UDC e UVigo), tamén hai estudantes de centros como o IES Sanxillao de Lugo, o IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela ou o CIFP Audiovisual de Vigo.

Tamén se engadiu unha nova categoría dentro da Sección Competitiva: a de Videoclips, que se une ás existentes de Ficción e Non Ficción.

Precisamente todas as obras que se presenten a esta modalidade competitiva serán valoradas por un xurado, conformado por estudantes e profesionais do sector como Álvaro Gago, Sara Faro e Silvia Fuentes, entre outros.

Volve o Facom Fest: un festival de cine realizado por estudantes da USC

Volve o Facom Fest: un festival de cine realizado por estudantes da USC / Facom Fest

Programación do Facom Fest 2023

FICCIÓN 1

Luns 27 | 16:00 | Auditorio Ciencias da Comunicación

  • Illa Cordura (Mario Fernández Filloy, 12’)
  • Redención (María González, 3’)
  • La curiosidad mata al gato (Bernat Roqué, 9’)
  • TARA (Rebeca Tella e Daniel Filloy, 17’)
  • El dilema de la pistola (Sira Goyanes e Raúl Cobas, 15’)

FICCIÓN 2

Mércores 29 | 16:00 | Auditorio Ciencias da Comunicación

  • Excoriación (Eva Iglesias Lorenzo, 3’)
  • Uxía (Javier Santana Taboada, 8’)
  • O silencio (Alex Viador, 3’)
  • Toxos (Jacqueline Reimúndez e Anxo Cambón, 13’)
  • Súper-Agobiada (Uxía Soutullo, 3’)
  • En el Valle de la Perseverancia (Isaac Gulías, 15’)
  • DOENTE (Noelia Sánchez Souto, 13’)

NON FICCIÓN 1

Martes 28 | 16:30 | Auditorio Filosofía

  • O tecido da memoria (My room number is cucumber) (Leo Pereiro, 25’)
  • Terra esquecida (Ander López, David Sanmartín e Anxo Sesto, 19’)
  • Años y lugares (Sofía García, 27’)

NON FICCIÓN 2

Xoves 30 | 17:30 | Auditorio Ciencias da Comunicación

  • Tan só o demo lembra (Dani Iglesias, 5’)
  • WHERE WE MEET (Aniana Barreiro Seara, 6’)
  • Palomas de agua (Daniel Valcárcel, 15’)
  • Vulgaris (Mario Fernández Filloy, 5’)
  • De: Mí, Para: Yo (Jean Michel Vidal García, 15’)
  • Película (Alba Amoedo, 3’)

VIDEOCLIPS

Mércores 29 | 19:00 | Auditorio Ciencias da Comunicación

  • as feridas do amor [Berto e ash diz] (ash diz e Hugo Rodríguez, 4’)
  • Pequenos soños [Álex Barreiras] (Pablo Cumbraos, 4’)
  • CÍRCULOS (Sofía Batovaz Campos e Alicia Rey Vigo, 13’)
  • 300K (Beatriz Lampón, 2’)
  • Michi & Yoshirin [Dalsi] (Dani Iglesias, 3’)
  • T-Í-O [Amorodo] (Andrea Varela, 3’)
  • CHEGOU O VERÁN [Migui Bouzó] (Elena Vázquez, 3’)
  • No Name [Beach Avenue] (Colectivo i, 5’)

NON COMPETITIVA FICCIÓN

Xoves 30 | 17:30 | Auditorio Ciencias da Comunicación

  • O neno sardiña (Lucía Estévez, 14’)
  • Señora, por favor (María Aragón e Alma Alonso, 5’)
  • La cuarta dimensión (Taro K Zelada, 18’)

NON COMPETITIVA NON FICCIÓN

Luns 27 | 19:00 | Auditorio Ciencias da Comunicación

  • Lucita (Paula Fuentes, 14’)
  • MINHAMENINHA (Helena González, 33’)
  • O rizo (Xoán Bregua, 7’)

NON COMPETITIVA VIDEOCLIPS

Martes 28 | 19:00 | Auditorio Filosofía

  • Augurio [hydn] (Iago Vilarinho e Xaime Miranda, 3’)
  • to those who found and had to let go [RYMER] (Iago Vilarinho, 4’)
  • Moovy [M. Sevener] (Iago Vilarinho, 3’)
  • Todas somos Agustín (IES Santiago Basanta Silva, 3’)
  • POBOS (IES Santiago Basanta Silva, 2’)
  • O teu ícaro (Migui Bouzó, 3’)

Xunto as proxeccións programadas, o festival acolle un completo programa de actividades como un obradoiro de cianotipia ou diferentes charlas con profesionais do sector como Lucía Piñeiro, Julio Vilariño, María Soliña Barreira, María Yáñez, David Fidalgo e Adrián Canoura.