A Ludoteca de Fontiñas acolle no Nadal actividades para a cativada
A alcaldesa Goretti Sanmartín e a concelleira de Educación, Míriam Louzao, visitaron onte o Espazo de Lecer María Miramontes no barrio de Fontiñas onde se está a desenvolver o programa VacaLudos Nadal de actividades de conciliación, no que participan 146 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. O programa está dividido en dúas quendas: a primeira, o 22, 26, 27 28 e 29 de decembro; e a segunda cubrirá o 2, 3, 4 e o 5 de decembro, ambas en horario de 07:45 a 15:00 horas.
Cabalgata de Reis: con Melchor, Gaspar e Baltasar estará a Estrela de Compostela, música e sorpresas
A temática deste Nadal esta ambientada no conto Alicia no país das marabillas. Esta programación ten como principal obxectivo promover a aprendizaxe cooperativa e a socialización a través do xogo empregando as aventuras de Alicia.
A dinámica diaria comeza coa representación dunha parte do conto polo equipo de monitores e monitoras que dará pé ao resto de contidos da xornada que contará con xogos de activación para estimular a actividade física e mental dos nenos e nenas, grandes xogos e obradoiros de creación.
Temas
Más en Santiago
-
Guía para exprimir al máximo O Son do Camiño 2024: horarios, cómo llegar y novedades del festival
-
Esta es la catedral más excepcional de España según National Geographic y no, no es la de Santiago
-
O Concello estudará co arcebispado a apertura ao turismo do patrimonio relixioso da cidade
-
Trabajadores de Finsa cortan la carretera de A Coruña delante de la fábrica para exigir "un convenio justo"