Cabalgata de Reis: con Melchor, Gaspar e Baltasar estará a Estrela de Compostela, música e sorpresas

As súas maxestades darán inicio, arredor das 17:00, ao percorrido da cabalgata que os levará pola avenida de Ferrol, Romero Donallo, Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, praza de Galicia, Porta Faxeira e rúa do Vilar, para chegar arredor das 18.30-19:00 á praza do Obradoiro.

Cabalgata de Reis: con Melchor, Gaspar e Baltasar estará a Estrela de Compostela, música e sorpresas

Cabalgata de Reis: con Melchor, Gaspar e Baltasar estará a Estrela de Compostela, música e sorpresas / Concello de Santiago

A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, anunciou este xoves en rolda de prensa que os Magos de Oriente chegarán un ano máis a Compostela para atender os pedidos da cativada "puxéronse en contacto co Concello para anunciar a súa chegada", explicou Lueiro. A cita comezará ás 16.30 horas na praza da Mercé de Conxo, onde as súas maxestades darán inicio, arredor das 17:00, ao percorrido da cabalgata para chegar arredor das 18.30-19:00 á praza do Obradoiro, para posteriormente seren recibidos no salón vermello de Raxoi pola alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín.

Cabalgata de Reis: con Melchor, Gaspar e Baltasar estará a Estrela de Compostela, música e sorpresas

Cabalgata de Reis: con Melchor, Gaspar e Baltasar estará a Estrela de Compostela, música e sorpresas / Concello de Santiago

O percorrido da cabalgata levará os Reis Magos dende a praza da Mercé pola avenidas de Ferrol e Romero Donallo, Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, praza de Galicia, Porta Faxeira e rúa do Vilar, até chegar á praza do Obradoiro arredor das 18.30 horas.

Unhas 500 persoas formarán a comitiva, integrada tamén por músicos, como a Banda de tambores e cornetas, a da Confraría da Veracruz ou os Arma Troula de Laraño, e teatreiros coma Culturactiva, PistaCatro ou os Quinquilláns.

A esa comitiva hai que engadirlle case un cento de persoas máis integrantes dos corpos de seguridade. Todo para conseguir unha cabalgata que atenda á ilusión da veciñanza, "sabemos que é unha das actividades do Nadal máis queridas e esperadas en Compostela", asegurou Pilar Lueiro.

"Haberá sorpresas no percorrido e no Obradoiro", dixo Lueiro, "e os Reis Magos estarán acompañados pola Estrela de Compostela, pois sabemos da súa qerenza pola estrelas".

E como non, repartiranse caramelos, 400 quilos xa están dispostos. Por seguridade a concelleira Pilar Lueiro, pediu aos adultos que, no caso de choiva, fagan bo uso dos paraugas e non os empregen para recoller un maior número de golosinas.

E polo mesmo motivo solicitou q non se empreguen sprays de espumillón e confetti, "que poden pegarse nos cristais dos vehículos e dificultar a cabalgata". Unha cabalgata para a que xa están tamén habilitados os dous trens turísticos da cidade, mais xa coas reservas completas.