Síguenos en redes sociales:

Cortes de tráfico nas avenidas da Coruña e Compostela no Campus Sur

Cortes de tráfico nas avenidas da Coruña e Compostela no Campus SurAntonio Hernández

O Concello de Santiago informa de que dende as 9.30 horas deste luns, as avenidas da Coruña e Compostela, situadas no Campus Sur, permanecerán cortadas ao tráfico. O motivo son as obras de reurbanización do campus, polo que a avenida da Coruña permancerá totalmente pechada ao tráfico no tramo comprendido entre as avenidas das Ciencias e Antonio Raimundo Ibáñez.

A avenida de Compostela tamén estará totalmente pechada ao paso de vehículos, no tramo comprendido entre as avenidas de Antonio Raimundo Ibáñez e das Burgas, e en ambos casos eliminarase tamén o estacionamento.

O tráfico procedente da rúa Rosalía de Castro vaise desviar cara á avenida das Ciencias, e o procedente da avenida das Burgas continuará polo tramo aberto da avenida de Compostela e do Cruceiro do Gaio.

As obras obrigan tamén a desviar a liña 8 de transporte urbano en sentido Camiño dos Vilares, na súa saída de Vidán, pola rúa Vicente Fraíz Andión (facultade de Psicoloxía).

Pulsa para ver más contenido para ti