Cortes de tráfico nas avenidas da Coruña e Compostela no Campus Sur

Ás 9.30 h. deste luns comeza unha nova fase nas obras do Campus Sur

Ás 9.30 h. deste luns comeza unha nova fase nas obras do Campus Sur / Antonio Hernández

Redacción

O Concello de Santiago informa de que dende as 9.30 horas deste luns, as avenidas da Coruña e Compostela, situadas no Campus Sur, permanecerán cortadas ao tráfico. O motivo son as obras de reurbanización do campus, polo que a avenida da Coruña permancerá totalmente pechada ao tráfico no tramo comprendido entre as avenidas das Ciencias e Antonio Raimundo Ibáñez.

A avenida de Compostela tamén estará totalmente pechada ao paso de vehículos, no tramo comprendido entre as avenidas de Antonio Raimundo Ibáñez e das Burgas, e en ambos casos eliminarase tamén o estacionamento.

O tráfico procedente da rúa Rosalía de Castro vaise desviar cara á avenida das Ciencias, e o procedente da avenida das Burgas continuará polo tramo aberto da avenida de Compostela e do Cruceiro do Gaio.

As obras obrigan tamén a desviar a liña 8 de transporte urbano en sentido Camiño dos Vilares, na súa saída de Vidán, pola rúa Vicente Fraíz Andión (facultade de Psicoloxía).