Mañá abre o prazo de inscrición no programa de conciliación de VacaLudos Semana Santa do Espazo María Miramontes

Dende o 31 de xaneiro e ata o 9 de febreiro quedará aberto o prazo de solicitude

Desenvolverase no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes

Espazo María Miramontes

Espazo María Miramontes / Concello de Santiago

Redacción

O programa VacaLudos Entroido ofrece un total de 73 prazas, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos empadroados/as ou que estean matriculados/as nun centro de ensino no municipio de Santiago. As actividades, que son de balde, desenvolveranse os días 25, 26 27 de marzo e 1 de abril en horario de 07:45 a 15:00 horas.

Para solicitar unha praza nestas actividades, debes facelo a través do seguinte cuestionario.

O programa ten unha finalidade lúdica, socioeducativa, cívica, cultural e inclusiva, cun proxecto cuxo obxectivo principal é garantir o dereito dos nenos e nenas ao xogo e a colaborar, así, no desenvolvemento integral da persoa, polo que está equipado cun fondo organizado de xogos, xoguetes, libros e outros elementos lúdicos adecuados á súa idade. Inclúen espazos psicomotrices, áreas de xogo simbólicas e tamén xogos multimedia.

O Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes (Ludoteca das Fontiñas) está situado na Rúa Fontes do Sar, número 3, en Santiago de Compostela.