As Cancelas lanza unha iniciativa para promover o uso do galego na infancia

Javier Nicolás, Celi e Valentín García presentaron a iniciativa / cedida

Javier Nicolás, Celi e Valentín García presentaron a iniciativa / cedida / redacción

Redacción

O centro comercial As Cancelas acaba de lanzar Xantares con Celi, unha iniciativa coa que se promoverá o uso do galego entre os máis pequenos, que se levará a cabo a través dos locais de restauración do centro comercial en forma de mantel de papel con actividades didácticas para nenos e nenas, todas elas en galego. Todo o que queira, poderá solicitalo nestes establecementos durante a súa visita de maneira completamente gratuíta.

No acto de presentación estivo presente Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, que subliñou “a importancia da colaboración entre institucións públicas e privadas no ámbito da cultura e, en especial, no fomento do uso do galego entre os máis pequenos”.

Pola súa banda, Javier Nicolás, xerente de As Cancelas, puxo en valor o “compromiso” do centro comercial coa Xunta de Galicia para a promoción da cultura e do galego con accións coma esta. “Estamos encantados de que os nosos pequenos visitantes se divirtan e aprendan a partes iguais durante o seu paso polo centro comercial”, concluíu.