Zona ORA en Santiago: o PP insiste en denunciar o "afán recadatorio" do Goberno de Sanmartín
Alertan sobre as sancións que se emitirán na nova zona azul na contorna do CHUS a partir do vindeiro luns polo mal funcionamento dos parquímetros
Adrián Villa reitera o seu lema: "Moito arrecadar e pouco xestionar"
O edil do PP Adrián Villa denunciou na mañá do venres que a entrada en funcionamento, en febreiro, da zona ORA na contorna do CHUS e o inicio das sancións a partir do vindeiro luns, teñan tan só un "afán recadatorio". Igual que fixera o xoves no Pleno municipal, Villa insistiu no lema que para o PP define o Goberno local: "Moito recadar e pouco xestionar". Con el mesmo como protagonista, Adrián Villa explicou en rolda de prensa que nos últimos días estacionara "de modo ficticio" na contorna do CHUS: retirando un ticket de aparcamento e tentando renovalo na hora correspondente, "xa que a rotación non é obrigatoria".
Segundo conta o edil 'popular', a renovación do billete ao cabo de dúas horas non foi posible "xa que o dispositivo indicoume que estaba nunha zona de rotación forzada". "Isto é o que vai atopar o usuario a partir do luns, cando comezan a aplicarse as sancións, porque a aplicación non está actualizada".
Villa fixo referencia a que á vista dos orzamentos para 2024 o Goberno bipartito "espera recadar 3 millóns de euros en multas, e coa nova zona ORA incrementarase en case 2 millóns". Fronte a este "afán recadador", o edil do PP referiuse a "rúas xa nom con fochancas senón con socavóns e beirarrúas desfeitas", algo que para o PP é signo definitorio do Goberno municipal.
El Concello afronta el colapso en el Clínico con la zona ORA: esto es lo que recauda para las arcas municipales
"Perxudicando" a veciñanza do Ensanche
Adrián Villa fixo fincapé en que para creación de prazas da zona azul na contorno do CHUS e a instalación de parquímetros, o Goberno local, eliminara unhas e outras do barrio do Ensanche. A explicación, para Villa, reside en que deste modo "pásase a recadar 7'5 horas cada día -na contorna hospitalaria- das 4 que se recadan no Ensanche".
O edil do PP referiuse s que as prazas de zona azul na zona nova compostelá estaban en funcionamento fóra das horas de carga/descarga "pero dende esta semana nas prazas que quedaron de zona ORA só se pode estacionar un máximo de 15 minutos.
Sen resposta á proposición da Xunta para o párking
"O Goberno fala da implantación da zona ORA na contorna do CHUS para evitar os vehículos ventosa", pero se non vai haber rotación, o edil Villa entende que non se resolve o problema. Sumando o mal funcionamento dos parquímetro que o PP denuncia, as sancións serán inevitables dende o 4 de marzo.
Villa pón o acento en que boa parte dos usuarios do Clínico, por brecha tecnolóxica, "ou non coñecerán ou non usarán a app" da zona azul e defende que se seguirá usando aparcamento municipal da Choupana, de elevadas tarifas, ou que se creará "un scalextric continuo en busca de aparcamento na zona azul trasladando o problema de mobilidade do hospital aos demais barrios da cidade".
Cuestións que para o edil do PP se resolverían se o Goberno de Goretti Sanmartín dese resposta á Xunta arredor de "investir 3'5 millóns en saneamento do rural a cambio de que a Xunta constrúa, no recinto hospitalario, un aparcamento gratuíto en altura".
Temas
Más en Santiago
-
Compostela está en el ‘top 20’ de ciudades españolas con las tarifas de taxi más caras
-
“O transporte público actual xa non responde á natureza de Santiago”
-
O Comité de Aena mostra “apoio total” aos traballadores do aeroporto Rosalía de Castro
-
Os socialistas de Santiago esixen o “arranxo integral” da praza de San Roque