O Concello reclámalle a Xunta 2,6 millóns para cofinanciar o servizo de axuda no fogar de Santiago
Raxoi inicia os trámites para recepcionar a praza da Nosa Mercé de Conxo trala nova repavimentación que custou 111.500 euros
A Xunta de Goberno local de Santiago acordou esta mañá solicitarlle á Xunta de Galicia unha transferencia de 2,6 millóns de euros para o cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios. Pola súa banda o Concello fará unha achega de 3,5 millóns. Eses fondos destínanse maioritariamente ao Servizo de Axuda no Fogar.
Co acordo adoptado, o Concello solicítalle á Xunta unha transferencia finalista para o cofinanciamento dos Servizos sociais comunitarios básicos por unha contía de 2,6 millóns, sobre un orzamento total de 6,2. A achega municipal sería, polo tanto, do 57,42% sobre o orzamento total do proxecto. En 2023, a achega municipal foi algo menor, un 46,47%. Raxoi puxo 2,2 millóns dun total de 4,6 millóns.
Casi 150 mayores están en lista de espera para el servicio de ayuda en el hogar de Santiago
Do importe solicitado á Xunta, 2,2 millóns serán para o Servizo de Axuda no Fogar, fronte aos 3 millóns que o Concello achegará ao servizo neste ano. O incremento con respecto a 2023 será de 54.140 euros na subvención da Xunta, e de 1,5 millóns na achega municipal para o SAF, informou o Concello. Ademais do SAF, a transferencia da Xunta está destinada a cofinanciar gastos de persoal e ao reforzo dos equipos de infancia e familia.
Obras na praza da Nosa Mercé
O executivo municipal deu tamén luz verde para iniciar os trámites para a recepción das obras de repavimentación da Praza da Nosa Mercé de Conxo. “Coa realización desta intervención, o Concello dá resposta ás reclamacións por parte da veciñanza do barrio que solicitaban melloras no estado do firme”, explica Raxoi.
Las obras de la Praza da Mercé encaran la recta final con el pintado del nuevo pavimento
Durante as obras, levouse a cabo a substitución do pavimento de lastro por un pavimento de alcatrán impreso en cor vermella, o que permitiu elevar a vía 15 centímetros sobre o pavimento actual e eliminar os bordos creando unha plataforma compartida. Tamén se instalaron dúas marquesiñas de autobús e se renovou a sinalización horizontal e vertical. O contrato das obras de repavimentación da praza da Nosa Mercé de Conxo fora adxudicado á empresa Francisco Gómez y Cía SL por un orzamento de 111.522 euros con IVE.
Festa dos maiores
A Xunta de Goberno tamén aprobou o expediente de contratación do servizo de Festa dos Maiores para os anos 2024 e 2025, cun orzamento base de licitación de 99.792,00 euros. Raxoi promove dende hai anos a celebración desta xuntanza nas instalacións municipais do Recinto Feiral de Amio na que se celebra un xantar popular, seguido de orquestra e baile. O obxectivo deste evento, que se enmarca nas Festas da Ascensión, é fomentar a participación e a interacción das persoas maiores de distintas parroquias e lugares do termo municipal, celebrando un día especial nun espazo de encontro no que se sintan protagonistas.
Campo das Cancelas
Na sesión de onte tamén se deu luz verde á aprobación do proxecto técnico para a renovación da infraestrutura de iluminación e do peche perimetral suroeste do campo de fútbol municipal das Cancelas. Este contrato contará cun orzamento base de licitación por valor de 184.314,92 euros máis IVE e o prazo de execución previsto é de seis semanas.
O executivo municipal acordou ademais a adxudicación do servizo de subministración de equipos denominados traxes de intervención e protección persoal (chaquetóns e cubrepantalóns) con arnés para o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento á empresa Axaton SL por un importe de 129.240,10 euros.
Temas
Más en Santiago
-
Memoria histórica en Santiago: “Los nazis mandaron al crematorio a mi tío por esconder pan”
-
La heredera de Rosario Porto cerró la venta del chalé de Teo en 150.000 euros
-
El jefe de la Policía Nacional de Santiago cesa de su cargo y se va a la Comisaría de La Rioja
-
Los ucranianos refugiados en Santiago solicitan ayuda para poder integrarse