Defensa da legalidade dos contratos do Goberno de Sánchez Bugallo na pandemia
A petición de explicacións foi defendida polo edil do PP José Antonio Constenla
O PP levou ao debate do Pleno local a petición de explicacións sobre os contratos de emerxencia asinados na pandemia, e sobre os que o Consello de Contasapuntaba que non constaba explicitamente a xustificación da emerxencia. Unha petición que topou de fronte coa oposición de PSOE e Goberno local, porque como resumiu a alcaldesa Goretti Sanmartín, “os contratos foron suficientemente auditados e non se detectou ningunha irregularidade”.
Así se fraguó la compra de mascarillas en Santiago que cuestiona el Consello de Contas
O edil socialista Gonzalo Muíños foi especialmente incisivo co edil do PP José Antonio Constenla, que defendeu a petición. Muíños amosou a súa “tristeza de ter que defender esta moción” por mor de que segundo a súa apreciación a bancada ‘popular’ estaba a usar “unha cuestión tan importante para facer ruído”. O socialista convidou ao PP a diferenciar entre “urxencia e emerxencia” e defendeu que se “seguiu escrupulosamente o procedemento da secretaría municipal.
O edil de Facenda, Manuel César, defendeuse das acusacións de falta de transparencia asegurando que os contratos se publicaron no portal correspondente ata o 22 de abril de 2022 e os posteriores “aparecían na relación de contratos menores”.
Temas
Más en Santiago
-
Compostela está en el ‘top 20’ de ciudades españolas con las tarifas de taxi más caras
-
“O transporte público actual xa non responde á natureza de Santiago”
-
O Comité de Aena mostra “apoio total” aos traballadores do aeroporto Rosalía de Castro
-
Os socialistas de Santiago esixen o “arranxo integral” da praza de San Roque