Axenda cultural: ¿Que facer hoxe, 22 de abril, en Santiago?
Compostela conmemora o 50 aniversario da Revolución dos Caraveis cunha conferencia e adiántase ao Día do Libro con varias presentacións
Inés Gontad inaugura exposición
A fotógrafa santiaguesa Inés Gontad expón as súas imaxes de natureza salvaxe, caracterizadas pola luz, a cor e a composición no Centro Empresarial do Tambre. A mostra, titulada Color.map inaugúrase hoxe ás 20 horas e poderase visitar ata o 24 de maio.
O Ateneo conmemora a Revolución dos Caraveis
Claveles de libertad en el 50 aniversario de la revolución de abril
O Ateneo de Santiago e a Asociación Federalista de Galicia únense hoxe ás celebracións do 50º aniversario da Revolución dos Caraveis portuguesa a través da organización conxunta dunha conferencia que levará por título O iberismo, onte e hoxe, que estará impartida por Ramón Villares, Catedrático de Historia Contemporánea e profesor emérito da USC. Na charla, que se desenvolverá ás 19.30 horas na Rúa do Vilar, 19, Villares explicará a evolución histórica do iberismo, movemento político e cultural xurdido no século XVIII, que tivo a grandes defensores a ambos lados da fronteira, entre eles, a personalidades como José Saramago, Miguel de Unamuno, Pi i Margall ou Antero de Quental. Villares foi presidente do Consello da Cultura Galega, decano de Historia e reitor da USC, entre outros cargos.
Presentan un libro en Follas Novas
A libraría Follas Novas celebra hoxe ás 19.00 horas a presentación do libro No pudieron hacerlo mejor: Alfonso I el Batallador, Urraca I de León, obispo Diego Gelmírez, de Augusto Bruyel. O autor estará acompañado por José Miguel Andrade Cernadas, Catedrático de Historia Medieval. A obra fai un percorrido por estas figuras históricas e o seu contexto.
Obras do concurso literario da USC
Hoxe ás 12.00 horas preséntase na entrada da facultade de Filoloxía o libro editado coas obras premiadas na última edición do Concurso literario Mazarelos, organizado pola Comisión de Normalización Lingüística do centro. Abel Lorenzo-Rodríguez e Gael Uxío Proupín Cantelar foron os gañadores ex aequo da pasada edición.
María Solar asina a súa nova novela en El Corte Inglés
Regresa el invierno a España para el Día del Libro: frío, lluvia y heladas
El Corte Inglés acolle a sinatura da nova novela da escritora e xornalista compostelana María Solar, unha das autoras máis coñecidas e lidas da literatura galega. O encontro será ás 19.00 horas na libraría do centro comercial, que conmemorará con este acto o Día do Libroadiantándose unha xornada á súa celebración oficial. A novela de Solar, titulada Adeline, foi finalista do XV Premio Jules Verne de literatura xuvenil e é unha homenaxe a Carmilla, o primeiro clásico de vampiros. Un dos conflitos fundamentais da obra é que os vampiros amosan a súa razón de ser confróntana coa dos humanos.
Concerto do CMUS e Mostra de Teatro
Día Mundial del Teatro en Santiago, el Centro Dramático Galego abre el telón de sus 40 años
O paraninfo da Facultade de Historia acolle o primeiro concerto dun ciclo do conservatorio en colaboración coa USCás 19.45 horas. Actuarán Acordachelos de Compostela, un quinteto de vento e un sexteto de metais. Ademais, comeza a Mostra de Teatro Universitario no Principal ás 20.30 horas coa peza Salón Colorado. Haberá funcións ata o día 30 neste espazo e na sala Vidal Bolaño.
Temas
Más en Santiago
-
¿Cómo se ha llegado a los retrasos de los pacientes oncológicos en el CHUS?
-
La Xunta amplía desde este lunes las rutas de autobús entre Vigo y el aeropuerto de Santiago
-
Día de los Museos en Santiago: música, talleres y visitas guiadas gratuitas
-
Miqui Otero: “En esta novela que presento en Santiago, la narradora es la música”