Constitúese a comisión especial que creará a nova empresa municipal de vivenda de Compostela
O Pazo de Raxoi acolleu na mañá deste venres a sesión constitutiva da Comisión especial que se vai ocupar da posta en marcha da nova empresa municipal de vivenda. Trátase dunha sociedade mercantil que vai contar con capital integramente municipal e que pretende contribuír á mellora das “condicións de acceso á vivenda e á rehabilitación e recuperación do patrimonio inmobiliario compostelán”, segundo explicaba a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín en rolda de prensa.
Rosón critica que o Goberno compostelán traballa a golpe de titulares que logo ten que matizar a alcaldesa
Na constitución desta comisión tomaron parte representantes dos grupos municipais: o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás (BNG); a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas (CA); o concelleiro do Partido PopularJosé Antonio Constenla e a edil socialista Mercedes Rosón. Ademais, tamén integra a comisión o persoal técnico de Secretaría, da Área de Urbanismo, da Sección de Xestión de Planeamento, da Asesoría Xurídica, da Oficina Orzamentaria e de Intervención Xeral.
A nova empresa municipal de vivenda resultou do acordo plenario aprobado en novembro de 2021 e con ela búscase dotar a Santiago “dun instrumento fundamental para unha política efectiva en materia de vivenda”.
Unha política, sen embargo, que xa recibiu as críticas da oposición arredor do posicionamento do Goberno de Sanmartín, que centra o papel desta nova empresa na rehabilitación. Mentres o Partido Popular insiste en que se poñan no mercado as arredor de 6.000 vivendas baleiras que hai no concello; o Partido Socialista insta ao Goberno bipartito a construír vivenda de protección.
'Operación retorno', a proposta de Borja Verea para que os composteláns volvan vivir na cidade
A esta última materia referíase a concelleira Mercedes Rosón semanas atrás, apuntando aos “ocos” baleiros que permanecen na cidade e referíndose a construír neles vivenda de protección, ademais de aumentar o parque inmobiliario, permitiría “coser” o urbanismo da cidade.
Temas
Más en Santiago
-
O PP de Santiago pídelle ao BNG que “poña remedio” á inseguridade da praza da Mercé
-
Un hotel de polinizadoras para loitar pola recuperación da biodivesidade
-
Mestrelab estrena a finales de septiembre su centro de investigación de Santiago
-
“Estoy haciendo otro libro con mi padre (Manquiña), uno basado en sueños”