A Praza de Abastos de Santiago presentou este xoves a súa campaña de Entroido baixo o lema Vive o Entroido en Galego. Nesta campaña a Praza volve unirse con Política Lingüística para "defender o uso do galego e promocionar a utilización correcta dos diferentes termos ao redor dos produtos típicos do Entroido", indicou Valentín García.