Gonzalo Louzao substituirá a José López na alcaldía da Estrada
O mandatario local foi designado novo conselleiro de Cultura
Lembran a capacidade de traballo deste edil, de 29 anos
O comité executivo local do PP da Estrada deulle luz verde por unanimidade á proposta de que Gonzalo Louzao Dono, actual concelleiro de Urbanismo, Feiras e Medio Rural, sexa o candidato á alcaldía en substitución de José López Campos, que vén de tomar posesión como novo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia. O máximo órgano interno do partido reuniuse na súa céntrica sede da Praza de Galicia, xusto despois do pleno extraordinario da Corporación no que se deu conta da renuncia de López á alcaldía, e refrendou co máximo e absoluto consenso de todos os seus membros a candidatura deste xove edil, de 29 anos de idade e que se incorporou ao goberno local tras as eleccións municipais de 2019.
“Coñezo ben aos meus compañeiros porque levo con eles moitos anos e calquera dos 13 concelleiros podería desempeñar con pleno acerto esta responsabilidade, pero creo que atinaron de cheo ao apostar pola valía, a capacidade de traballo, a cercanía, a dispoñibilidade máxima e o futuro de Gonzalo, que estou seguro que vai liderar o novo ciclo político que se abre agora con moitos éxitos tanto para A Estrada como para o Partido Popular”, manifestou o exrexedor e tamén presidente do PP local.
Xenerosidade
José López tamén quixo destacar a “xenerosidade de todos os que formamos o PP da Estrada e a visión estratéxica” de apostar por un concelleiro “que no seu momento representou unha importante renovación e achegou un sopro de aire fresco ao executivo e que, nestes cinco anos de bagaxe, demostrou unha enorme capacidade en todos os ámbitos e unha predisposición absoluta na atención aos veciños, que son o máis importante e aos que nos debemos en exclusiva”.
A intención do PP local pasa por manter nestas semanas o traballo habitual desde o Concello, “algo para o que non haberá ningún problema porque o seu funcionamento está perfectamente engraxado e todos os proxectos están lanzados grazas ao traballo que sempre fixemos en equipo” e celebrar posteriormente o pleno de elección e investidura de novo alcalde tras a chegada das credenciais e toma de posesión da nova concelleira, a número 14 da candidatura, Jessica Rodríguez.
- O PP de Teo aproba delegar na Xunta o reforzo policial, pero rexeita a moción contra Altri no Ulla
- Padrón celebra o seu San Xoán de Raio coa comida de confraternidade
- A Estrada pon en valor os produtos agroalimentarios locais na segunda feira multisectorial de San Xorxe
- Maio Vintage: Boiro revive os anos oitenta cun mercado retro
- Sofía Shizuko y Waydn unen su talento en un nuevo single titulado ‘como yo te quiero’
- Rocío Caamaño presenta en Madrid canciones nacidas de historias reales de sus fans
- Vimianzo busca actores e actrices para dar vida aos Irmandiños que asaltarán o castelo
- Permanece estable dentro de la gravedad el menor herido tras precipitarse desde un tejado en Dumbría