O Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia volverá en 2025 a Ribeira tras 32 anos
A capital do Barbanza vai acoller tamén en outubro a Mostra Internacional de Cinema Documental
Suso Souto
Corría o ano 1993 cando se levantaron en Ribeira as velas de varios tipos de embarcacións tradicionais galegas, dando lugar á primeira edición dun festival cultural internacional totalmente arraigado no presente, que con carácter bienal se realiza de forma itinerante, parando en diferentes localidades costeiras galegas que, como requisito, deberán contar cunha asociación cultural dedicada á salvagarda das embarcacións tradicionais e inscrita na Federación Galega de Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), organizadora do evento.
Trinta e dous anos despois, esas velas volverán levantarse en Ribeira entre os días 17 e 20 de xullo de 2025 con motivo da décimo sétima edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
O alcalde de Ribeira, Luis Pérez, acompañado polo seu homólogo de Pasaia (Euskadi), Teo Alberro Bilbao, anunciou as datas do encontro, que organizarán o Concello e a Confraría da Dorna.
Por outra banda, Ribeira acollerá tamén a VII Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo. Será do 30 de outubro ao 3 de novembro deste ano.
A Mostra (que celebrou dúas edicións en Carnota e catro en Outes) inclúe una competición oficial de documentais ao redor do medio mariño e a pesca e dúas seccións: Proa, na que se programan películas na vangarda do cinema da realidade, e Popa, sobre películas históricas. O programa complétase con proxeccións especiais: o filme de inauguración e o de clausura.
- El electrodoméstico que sustituye al horno y a la freidora de aire ya cuesta menos de 40 euros en Lidl
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- Mueren los conductores de dos vehículos tras colisionar en la carretera nacional N-550 a la altura de Ordes
- El desayuno que atrasa el envejecimiento y toma a diario Amancio Ortega
- Una gran bola de fuego ilumina el cielo de Galicia y Portugal: '¿Lo habéis visto?
- Así es el paraíso oculto entre las montañas gallegas: la aldea más escondida tiene alojamientos exclusivos y está a dos horas de Santiago
- Casi un año esperando licencia en Santiago para instalar un ascensor y aislar la fachada: “É unha vergoña”
- Moncho Fernández se marcha del Obradoiro a coste cero al existir una claúsula en su contrato