O debate sobre os fluxos turísticos: ao comercio compostelán preocúpanlle "as ocorrencias" do Goberno de Santiago
O PSOE reuniuse este martes coas asociacións Compostela Monumental, Santiago Centro e Proxecto Em Rede
Falan de que as comunicacións do Bipartito son unha "espiral de anuncios" e pídenlle a Sanmartín "transparencia"
As concelleiras socialistas Mila Castro e Mercedes Rosón reuníronse o pasado martes co asociacionismo do comercio compostelán. Na reunión coas organizacións Compostela Monumental, Santiago Centro e Proxecto Em Rede, as edís do PSOE puideron percibir a preocupación do sector polo anuncio "ou ocorrencia" sobre a regulación dos fluxos turísticos na cidade anuniada días atrás pola concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, e a propia alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.
O PSOE aféalle unha vez máis ao Goberno de Sanmartín que faga "anuncios" que son apenas titulares e dos que non dá explicacións, e puxeron o foco na importancia de querer "regular o tráfico de persoas no espazo público" nunha cidade que é destino de peregrinaxe. A edil Mila Castro asegurou que para os negocios locais "as persoas que nos visitan son parte importante dos seus ingresos" e preguntouse "como se vai facer?" o regulamento destes fluxos turísticos na cidade.
"Vanse limitar ao cumprimento estrito das ordenanzas municipais? Vaise incrementar a vixilancia e a seguridade? Vanse limitar o número de grupos ou o de persoas que conformen os grupos?". Castro pedía seriedade e transparencia por parte do Goberno de Sanmartín e buscando esta última anunciaba as preguntas do PSOE rexistradas para o pleno do 24 de abril e que formulará o concelleiro Sindo Guinarte. "Que expliquen medidas concretas sobre fluxos turísticos", remataba Mila Castro.
A concelleira compareceu no Pazo de Raxoi xunto á tamén edil socialista Mercedes Rosón, esta última pediu sobre esta cuestión "seriedade e non ocorrencias, que poden ter boa intención pero que confunden á cidadanía" e insistiu en que dende o Goberno bipartito se xoga coa "ambigüidade" indicando falta de "transparencia" e resumindo a acción do Goberno local nas últimas semanas como "unha espiral de anuncios, que dan a sensación de dinamismo pero que quedan tan só nunha sensación".
“Coincidimos coas asociacións de comerciantes en que este tipo de mensaxes confusas trasladan unha imaxe pouco positiva da nosa cidade” compartiu Rosón . Mila Castro animou a Sanmartín a establecer diálogo coa oposición e co tecido comercial da cidade neste asunto lembrando que "era o que ela pedía" cando estaba na oposición.
- Deportes Cibeira echa el cierre después de 45 años: “Con algunos clientes te saltan las lágrimas”
- Crónica social compostelana | Jubilación en Monte do Gozo
- La empanada esculpida en el Pórtico de la Gloria: el manjar que los godos trajeron a Galicia
- El parricidio de Brión: la muerte a hachazos del Dr. Antonio Pensado estremeció a la sociedad compostelana
- Una mirada al pasado de Santiago en color: así era la Compostela de principios del siglo XX
- “Éntrame un nó na garganta cando chego ás portas do instituto”
- Alfonso Basterra: 10 años en prisión sin admitir ni arrepentirse por el crimen de su hija Asunta
- Santiago acoge hasta el próximo domingo la segunda parada de la feria del libro