Recoñecen a Muxía como a localidade máis acolledora a nivel nacional
O concello de Muxía será condecorado como a localidade máis acolledora de España e a mellor valorada polos turistas nos premios Traveller Review Awards 2024, que organiza o buscador de viaxes Booking.com. Estes galardóns, outorgados a nivel mundial desde 2012, pretenden recoñecer o labor e a calidade dos servizos turísticos en base ás valoracións verificadas da súa comunidade de viaxeiros, procedentes de máis de 220 países e territorios. Esta
edición contou coas recensións de máis de 309 millóns de usuarios e usuarias da plataforma.
O alcalde, Iago Toba, será o encargado de representar ao municipio muxián e recoller este recoñecemento para o turismo da vila na gala que se celebrará o día 25 de abril en Gijón.
Esta distinción recoñece o labor das empresas e persoas que participan na cadea do turismo da localidade, así como do Concello, no seu compromiso por ofrecer a mellor experiencia para que as persoas que visitan Muxía poidan descubrir a beleza, cultura e tradicións do municipio. O rexedor sinalou que “este premio é unha confirmación do éxito da campaña Muxía Bonita, ademais dun recoñecemento do magnífico traballo realizado polos profesionais do turismo e a hostalería do noso municipio, que é un gran enclave paisaxístico”.
Temas
Más en A Costa da Morte
-
Cee impulsa un plan estratéxico de turismo para posicionarse como un destino sostible e desestacionalizado
-
Vimianzo pon en valor as etapas da Vía Mariana
-
Danza e podcast para facer fluír o corpo e as emocións dos estudantes de Camariñas
-
Nin a choiva para a paixón polas Letras Galegas, con andaina solidaria dende Rois