Síguenos en redes sociales:

Evacuado un estradense ao incendiarse a súa casa

Un veciño da Estrada tivo que ser evacuado esta tarde debido a un incendio na súa vivenda, segundo informa 112 Galicia. O home foi trasladado ao centro hospitalario de referencia con síntomas de intoxicación por inhalación de fume e tamén con algunhas queimaduras nun brazo. Os feitos ocorreron ás 16.40 horas no número 70 da rúa San Paio. O lume queimou un sofá e a estancia quedou afectada polo fume.

Nos labores de auxilio participaron os Bombeiros de Silleda, axentes da Garda Civil e da Policía Local

Pulsa para ver más contenido para ti