A aula Cemit de Ribeira vai dispor de impresoras 3D, robots educativos e varios drons

redacción

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vén de comunicar ao Concello de Ribeira a súa intención de entregar á aula Cemit, sita no barrio de Cubeliños, unha serie de material disruptivo para súa actividade.

En concreto, a instalación vai recibir unha impresora 3D e kit de consumibles; un kit de robótica, composto por robots educativos e kits de construción; drons; gafas de realidade virtual e controladores; e un kit de placas de comunicación e programación, composto por placas tipo Arduino e Raspberry Pi 4 Model Quad-core 64 bits. O Concello solicitou adherirse ó Plan de Reforma e Ampliación da rede Cemit.