A Laracha reforzará os mecanismos para detectar os casos de violencia

Xuntanza da mesa de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero da Laracha

Xuntanza da mesa de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero da Laracha / Concello de Laracha

Redacción

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Aella, copresidiu xunto co alcalde, José Manuel López, a mesa de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero nos sectores da sanidade e do ensino. Os participantes acordaron reforzar os mecanismos de coordinación entre Igualdade e todos os sectores profesionais representados ante a detección de posibles casos coa finalidade de facilitar a comunicación e poder actuar nos prazos máis curtos posibles. Ademais avaliaron a programación local para conmemorar o Día Internacional das Mulleres.