Alejandro Civilotti gaña o certame noiés de composicións para arpa

Alejandro Civilotti. N.H.F.

Alejandro Civilotti. N.H.F. / S. SOUTO

A primeira edición do premio internacional de composición Portus Apostoli xa ten obra gañadora. O xurado do certame, impulsado polo Noia Harp Fest e patrocinado polo Concello de Noia, vén de pronunciar o seu ditame: Hibrys, do compositor arxentino Alejandro Civilotti (profesor do Conservatorio de Badalona), foi escollida como a peza máis destacada das 16 recibidas pola súa “elevada técnica orquestral, na que arpa e orquestra concertan á perfeccción”. O galardón, de 2.000 €, conleva tamén a estrea mundial da composición da man da Real Filharmonía de Galicia.