O Entroido entrou con moita forza na comarca animado polo bo tempo

Catro mil persoas respaldaron nas rúas o espectacular desfile de Negreira // A filloa acaparou unha fin de semana cargada de actividades en Boqueixón

Un ano máis o tren entoideiro levou a troula polas parroquias de Cabana de Bergantiños. concello

Un ano máis o tren entoideiro levou a troula polas parroquias de Cabana de Bergantiños. concello / s. elvira-s. souto

O Entroido entrou con moita forza, colorido e humor esta fin de semana na comarca, animado, sen dúbida, polo bo tempo que sacou ás rúas a milleiros de cidadáns nos concellos de Área de Compostela.

A filloa centrou os entroidos infantil e adulto en Boqueixón. concello

A filloa centrou os entroidos infantil e adulto en Boqueixón. concello / s. elvira-s. souto

Un ano máis, as rúas de Negreira ateigáronse de xente o sábado de Entroido para vivir o día grande das festas, no que o humor e a diversión se mesturaron con todo tipo de caracterizacións e disfraces. O Concello repartiu máis de 4.000 euros en premios. Na categoría de comparsas, os gañadores foron Grease vuelve por ti!, Supertasón solteiros vs casados, e Peta, peta, pandeireta. En carrozas gañaron Oroso west e Factoría de lambóns creada polos Remolóns, mentres que en grupos foi Os mouchos saen de día, e na categoría de disfraces, Hércules. “Milleiros de persoas nas rúas e moi bo comportamento de todo o mundo; unha gran festa de Entroido”, asegurou o alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, que quixo dar as grazas “a todas as persoas e colectivos que traballaron para que o desfile fose un éxito, ademais do dispositivo de seguridade”.

Shakira e Piqué, protagonistas en Vimianzo.

Shakira e Piqué, protagonistas en Vimianzo. / s. elvira-s. souto

En Boqueixón, a Festa da Filloíña e o Entroido da Filloa de Lestedo, dúas actividades incluídas na programación da XL Festa da Filloa de Lestedo, non puideron ter mellor estrea esta fin de semana. Milleiros de persoas ateigaron o campo da festa desta parroquia dende primeiras horas da noite ata ben entrada a madrugada. A música dos grupos infantís Lucerniñas, Luceiro e Luarada (os tres pertencentes á Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio), As Travesas de Codeso e Os Campiños de Sarandón deu paso ao pregón infantil, seguido duns divertidos atranques de xeneraliños. No concurso de disfraces infantil, no que se rexistraron unha vintena de participantes de toda a contorna, o segundo premio de grupos quedou en Lestedo: Luceiros de Lestedo por Señoras da Vila.

Muxía reivindicou a seca do congro en clave satírica. IES R.C.

Muxía reivindicou a seca do congro en clave satírica. IES R.C. / s. elvira-s. souto

Pola súa banda, as parroquias de Cabana de Bergantiños acolleron unha xornada dominical na que o tren entroideiro levou troula a grandes e maiores. O xa célebre vehículo non detivo a súa marcha polas parroquias do municipio, repartindo ao seu paso maxia baixo o ritmo musical de Os Farraposo coa participación de dezaseis nenos e nenas.

Milleiros de persoas seguiron o desfile de Negreira que premiou a comparsa Grease vuelve por ti!. concello

Milleiros de persoas seguiron o desfile de Negreira que premiou a comparsa Grease vuelve por ti!. concello / s. elvira-s. souto

O tren entroideiro volveu levar a troula a grandes e pequenos polas parroquias de Cabana de Bergantiños

En Muxía a rapazada e o profesorado da Galiña Azul, do CEIP Virxe da Barca e do IES Ramón Caamaño xuntáronse coa veciñanza para celebrar o inicio do Entroido facendo un pasarrúas que rematou cun acto satírico-reivindicativo coa queima do Finado Congro nun ataúde de madeira. O alumnado de 3º e 4º da ESO recitou unha Salmodia Satírica en defensa da seca tadicional do congro, actividade tradicional, cultural e económica que viña facéndose desde o medievo, cando os bilbilitianos procedentes da localidade aragonesa de Calatayud viñan traer cordas para as embarcacións de Muxía e levaban, como pago en especie, pezas de congro curado nos secadoiros da vila.

En Vimianzo numerosas persoas asistiron ó concurso de disfraces organizado polo Concelo. Os primeiros premios foron para Nativos Americanos, na categoría de grupos (300 €), Tal para cual, na de parellas (100 €), Eu fun a EGB, na de individual adultos (100 €) e Nemo, na de individual infantil (60 €). O galardón das comparsas, dotado con mil euros, levouno As voltas do mundo.

Antonio Fernández Ageitos foi coroado Rei do Entroido de Ribeira no festival de murgas e comparsas

En Mazaricos varios centos de veciños desfrutaron do festival celebrado no recinto feiral. O concurso de disfraces foi todo un éxito, con case setenta nenas e nenos participantes.

Ademais dos inchables e do obradoiro de máscaras, os asistentes puideron compartir unha estupenda chocolatada con doces típicos destas datas, como as filloas e as orellas.

En Ribeira catro agrupacións fixeron as delicias do numeroso público congregado na carpa do Malecón, con motivo do Festival Infantil de Murgas e Comparsas. No transcurso do evento tivo lugar ademais o nomeamento do Rei do Entroido de Ribeira: unha distinción outorgada cos aplausos do público asistente e que recaeu en Antonio Fernández Ageitos, seleccionado tras superar cun baile a outras dúas finalistas: Mery Calo e Manola Monteagudo. Antonio recibiu a capa e a coroa de Rei do Entroido, ademais dun agasallo.