Corte dun carril na autovía Santiago-Brión por asfaltado dende o martes
Chegará tamén á vía de altas prestacións Pardiñas-As Galanas // Custará 5,9 millóns e alongarase catro meses
A Xunta advirte de que a execución das obras de renovación do firme na autovía Santiago-Brión(AG-56) e na vía de altas prestacións Pardiñas-As Galanas fará necesario o corte dun carril a partir do vindeiro martes, cando se prevé que se inicien os traballos. A intervención de mellora do firme suporá un investimento de case 5,9 millóns, asumido dentro do contrato de concesión da autovía. As obras serán executadas pola UTE Firmes AG-56, formada polas empresas Francisco Gómez y Cía, S.L. e Extraco; Construccións e Proxectos, S.A.
Para acometer estas actuacións, cuxo prazo de execución é de 4 meses, será preciso o corte puntual de tráfico nun carril da AG-56, desviando o tráfico nese sentido polo carril que permaneza operativo. O corte puntual nun dos dous carrís realizarase alternando o tráfico de ambos os sentidos polo carril que estea activo. Todas estas afeccións ao tráfico estarán debidamente sinalizadas mediante sinalización vertical e nos correspondentes paneis de sinalización variable.
Reclaman, tras treinta años, las expropiaciones para la ampliación de la carretera Ribeira-Noia
As obras consistirán no acondicionamento do firme de puntos ou zonas singulares onde exista un deterioro acentuado, mediante o fresado de 5 cm de capa de rodaxe e a reposición de 5 cm con mestura intermedia. E tamén se selarán as fisuras transversais e estenderase unha nova capa de rodaxe no tronco, ramais e enlaces. Estas actuacións complementaranse coa posterior reposición da sinalización horizontal e vertical.
Temas
Más en Área
-
Veteranos del Ejército y de la Guardia Civil de Valladolid peregrinan por el Camino a Fisterra
-
Entrega da edición do poemario 'Palabras mortas' a Fernández Dávila como gañador do premio Ardeiro en Negreira
-
Trasladado en helicóptero tras caerse por las escaleras de su casa en Teo
-
Ames es el municipio que más jóvenes sumó en la provincia en los últimos veinticinco años, con un total de 4.304 vecinos