Traballadores de Urbaser mobilízanse na capital maiá en apoio a folga que empezará o luns día 8
Os traballadores do servizo de limpeza viaria e punto limpo de Ames, concesionado a Urbaser, ratificaban a nova avanzada pola CIG a este xornal, e teñen previsto comezar unha folga indefinida o vindeiro luns 8 de maio sempre que a empresa non se volve a reunir con eles para mellorar condicións laborais.
Así o manifestaban este mércores diante da casa do concello e co apoio dos seus compañeiros composteláns, con consignas como “se sobe o IPC, os salarios tamén” e que, por iso “estamos en loita por un convenio digno”, subliñaban.
Concentración de los trabajadores de limpieza de Urbaser en Ames previa a la huelga de mayo
Pola súa banda, o secretario comarcal da CIG-Servizos, Roberto Alonso, apuntou que a oferta que fixo a empresa nas últimas xuntanzas foi “ridícula” porque puxo enrriba da mesa “200 euros para o ano 2022, a recibir nunha única paga, e de 300 euros para 2023”, en ningún dos casos “consolidable” no salario e cunha perda “enorme” de poder adquisitivo. Xa no que atinxe á duración do novo convenio, Urbaser rebaixou os catro anos que inicialmente propuxo a so tres.
Temas
Más en Área
-
O parque empresarial de Vimianzo segue medrando cunha nova nave para Gerca
-
Un aparcamento verde dotado de 395 prazas complementa a rede de servizos da praia de Balarés
-
A chamada solidaria contra o cancro en Cee xuntou a cento cincuenta persoas nun xantar
-
Identificado uno de los tres menores que le dieron una paliza a otro en Ribeira