Presentan o programa Ames Emprega dirixido aos desfavorecidos e crearán a empresa local da auga

Reunión de técnicos e edís polo programa Ames Emprega / concello

Reunión de técnicos e edís polo programa Ames Emprega / concello / M. manteiga

O salón de plenos amesán acolleu a presentación do programa Ames Emprega e Integra, de inserción laboral para colectivos desfavorecidos do Concello. Ademais, nese mesmo espazo debatirán este xoves (no pleno das 20.30 horas) a constitución da empresa pública Augas de Ames que xestionará o seu ciclo.

No que atinxe ao programa Ames Emprega, estará cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e vaise executar ao longo de seis meses desde xuño con orientación e formación centrado en menores de 30 e maiores de 45. As inscricións pódense realizar chamando ao número de teléfono 674 594 843; por email (ames.integra.emprega@gmail.com) ou a través da web (amesintegraeemprega.es). O contrato de xestión e apoio técnico para desenvolver dito programa foi adxudicado á empresa Rafer SL por un importe de 74.572 €.

Na sesión plenaria tamén van debatir a suba da carreira do taxi (de 05 céntimos) e un suplemento de crédito de 5,3 millóns para financiar o programa Ames Progresa.