Guerra contra o eucalipto en Lousame
Celebrouse un obradoiro de cultivo e coidado de arandos e outros froitos silvestres, evidenciando as posibilidades para o aproveitamento multifuncional do monte

Membros da brigada deseucaliptizadora durante os traballos realizados en Lousame / verdegaia / suso souto
Vinte e sete persoas participaron na localidade de Froxán (Lousame), nunha nova acción deseucaliptizadora organizada pola organización ecoloxista Verdegaia. Concretamente, as tarefas de eliminación de eucaliptos leváronse a cabo en Chan de Avelán, nunha zona de bosque de ribeira adquirida pola Fundación Montescola para a súa rexeneración ambiental e conservación e na que o colectivo ten previsto plantar outras especies no próximo inverno. Trátase de dúas parcelas duns 4.000 m2.
Durante a mañá, ademais de cortar ditas árbores (dez toneladas de eucaliptos), os participantes na actividade aplicaron a técnica de descasque en tocóns, e rozaron outra parcela próxima que xa foi deseucaliptizada e plantada con frondosas no pasado inverno. Xa pola tarde, despois do xantar de albaroque, celebrouse un obradoiro de cultivo e coidado de arandos e outros froitos silvestres, evidenciando as súas posibilidades para o aproveitamento multifuncional do monte. Ao finalizar, os brigadistas realizaron unha colleita solidaria a favor dos gastos das brigadas deseucaliptizadoras.
Verdegaia leva realizado xa en Galicia unhas cen intervencións de deseucaliptización, nunha superficie global de mil hectáeras, coa participación duns 1.300 voluntarios.
Este foi o último dos obradoiros de formación para brigadistas nunha parcería co Centro de Estudos Eurorexionais Galiza-Norte de Portugal, Montescola e À Escuta, apoiada polo programa Erasmus+. Os obradoiros versan sobre temáticas diversas centradas no ámbito de traballo das brigadas (técnicas de eliminación de especies exóticas invasoras, seguridade e protección en traballos forestais, mecánica e mantemento de maquinaria forestal, gobernanza e conservación comunitaria, educación ambiental, etc.). Os participantes recibirán un certificado do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas.
As Brigadas Desucaliptizadoras son unha iniciativa do colectivo ecoloxista Verdegaia que, mediante a erradicación de especies invasoras e a súa substitución por outras autóctonas, teñen como obxectivo que as zonas intervidas non volvan ser pasto do lume e sirvan como cortalumes e corredores de biodiversidade.
Por outra banda, do 28 ao 30 deste mes terá lugar na Serra de Outes o primeiro campamento de voluntariado ambiental no río Tins, como parte do proxecto Renatur-Outes.
Os participantes contribuirán á renaturalización do treito urbano do río Tins eliminando especies exóticas invasoras, limpando a ribeira e formándose en obradoiros. Habilitarase unha zona de acampada para os que se acheguen ata Outes e para os veciños que queiran sumarse á cita.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson