Vinte establecementos comerciais participan no primeiro Mercadillo de Verán carballés

Visitantes na Feira das Oportunidades de Carballo / C. de carballo

Visitantes na Feira das Oportunidades de Carballo / C. de carballo / redacción

Redacción

Unha vintena de establecementos participarán do 8 ao 10 de setembro no primeiro Mercadillo de Verán impulsado desde a Concellería de Promoción Económica de Carballo, coa colaboración do Centro Comercial Aberto (CCA). “Todo o protagonismo recaerá no comercio local”, segundo subliñan dende a organización. Desenvolverase na rúa Jacinto Amigo Lera, que se converterá no gran centro comercial durante toda a fin de semana, cunha ampla oferta que inclúe téxtil, calzado, complementos, agasallos, deportes, xoguetes, informática e moito máis.

O comercio carballés sairá á rúa cos produtos de calidade que o caracterizan e con descontos que poden acadar ata o 80%. Cada un dos postos contará coa súa propia carpa, e o resto do espazo estará ocupado polos probadores.

O Mercadillo de Verán abrirá as súas portas o venres pola tarde, de 17.00 a 21.00 horas e o sábado poderá visitarse de 10.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 horas. Pola súa banda, o domingo pechará as portas dúas horas antes, ás sete do serán.