As Dores 2023

El Combo Dominicano, Panorama e París de Noia en As Dores 2023: Lalín dálle a benvida a cinco días de festa

As actividades comezan esta mesma noite ata o próximo martes

Despois de varios días de negociacións, as atraccións voltarán ao Regueiriño nas Dores 2023.

Despois de varios días de negociacións, as atraccións voltarán ao Regueiriño nas Dores 2023. / Bernabé/J.Lalín

M. González

Todo disposto para unha nova edición das festas patronais de Lalín, As Dores 2023. Despois dun verán cargado de actividades lúdicas, deportivas e culturais, a capital do Deza pon o broche de ouro aos meses estivais con esta celebración, que promete achegar ata a vila a milleiros de visitantes con gañas de despedir o mes de setembro por todo o alto antes de darlle a benvida ao outono.

Hoxe mesmo arrincan as festas cun pasacalles da charanga kilómetro 0 e o grupo de gaitas Os Xuncos. Ás 21.30 terá lugar o pregón, que desta volta correrá a cargo das artistas lalinenses Aitana Iglesias, Noa Blanco, Olaia Garra e Noelia A. Ferreira. A continuación será o tradicional chupinazo para continuar coas actuacións de Oca Band, Pepe Suevos, Pili Pampín e Manuel Manquiña co espectáculo Camiñantes e Cantantes na Praza da Igrexa. A orquestra América de Vigo, a Discoteca Chocolate xunto con DJ Manutxo, Marcos Kintana e Ole Costa actuarán no campo da feira ata ben entrada a madrugada. 

Para a xornada do sábado, a Banda A Lira de Prado percorrerá as rúas e dará un concerto na Praza da Igrexa, e xa pola tarde terá lugar o I Festival de Bandas de Gaitas no que participarán Carballo da Manteiga, Os Dezas de Moneixas, Lembranzas da Terra de Guillarei e Xarabal. Ás 21.30 horas será a quenda para o rock, coa actuación de Grupo Meu, Cara B e Mala Besta. Ás 22.00 actuará a charanga Ardores na avenida Luís González, despois do seu particular pasarrúas da tarde. A verbena do sábado, no campo dá feira, estará amenizada por Los Platinos, Top Líder, DJ David Expósito e Raúl Romero coa macrodisco Radikal.

Público no campo da feira vello

Público no campo da feira vello / Bernabé/Javier Lalí

O domingo 24, Os Verbeneros darán o pasacalles, e será tamén o día no que os actos litúrxicos cobren o seu maior protagonismo, coa misa 12.00, posterior ofrenda á Virxe e a procesión acompañada pola Banda de Lalín, que ofrecerá un concerto despois xunto á estatua de Loriga. Os Verbeneros volverán percorrer as rúas pola tarde, previamente á actuación de Pachi Show na Praza da Marina. Pola tardiña, ás 20.30 horas a Banda de Lalín ofrecerá un concerto con Serafín Zubiri e Dúo Pachi Show volverá cun novo pase. A medianoite terán lugar os tradicionais fogos artificiais e a verbena correrá a cargo da orquestra Cinema e os DJ Pacheco e Carlos López na Praza da Igrexa. O luns será A Carballeira de Cercio quen percorra as rúas, ao igual que a charanga Leña Verde e a Nova Banda de Vilatuxe que dará tamén un concerto na Praza da Igrexa. El Combo Dominicano e París de Noia serán o prato forte da xornada.

Na última xornada das festas haberá pasarrúas con Os Trasnos de Doade e a Banda de Muimenta, que dará un concerto na Praza da Igrexa. No KM0 haberá unha exhibición de rugbi pola tarde e pasacalles con Repenicando. A última verbena desta Dores 2023 estará amenizada polos Satélites e a orquestra Panorama.

Sorteo de 3.000 euros

Un dos grandes alicientes deste ano nas festas de Lalín será o sorteo de 3.000 euros, que terá lugar na noite do martes, ás 00.300 horas. Este sorteo será presencial, o o gañador ou gañadora poderá gastar o premio nos establecementos e empresas colaboradoras. As papeletas poderán depositarse durante a xornada do martes das festas na urna colocada para tal fin no KM0 de 17.00 a 22.00 horas.

As orquestras, principais protagonistas

Do mesmo xeito que acontecera nas festas do ano pasado, a comisión apostou unha vez máis polo tirón que teñen as orquestras na nosa comunidade. América de Vigo, Cinema, El Combo Dominicano, París de Noia, Panorama... non falta ningunha. As Dores 2023 repite formato verbena e, a pesares de non contar con ningún gran concerto como soía pasar hai xa varios anos, os organizadores confían en atraer á capital dezá a milleiros de visitantes ao longo das xornadas centrais dos festexos para disfrutar dos espectáculos que ofrecen este tipo de agrupacións, e ao mesmo tempo encher os bares e restaurantes da localidade. Non faltará a animación nas rúas das charangas que percorrerán o casco urbano da vila ao longo de todos os días, así como as sesións de DJ´s no campo da feira, que animarán as noites ata altas horas da madrugada. 

Unha actuación do Combo Dominicano

Unha actuación do Combo Dominicano / FDV

O Festival de Bandas de Gaitas -que contan coa presenza dos grupos locais Os Dezas e Carballo da Manteiga-, o rock de Grupo Meu, Cara B e Mala Besta da noite do sábado e os distinbtos pases das bandas de música de Lalín, Muimenta e Vilatuxe, completan a oferta musical destas Dores 2023.

PROGRAMA DAS FESTAS

Venres, 22

19.00 h: Pasarrúas coa Charanga KM0.

21.00 h: Pasarrúas dos Xuncos.

21.30 h: Pregón e lanzamento do chupinado. Bouquet de bombas de palenque.

22.00 h: Actuación de OCa Band na Praza da Igrexa, co espectáculo Camiñantes e Cantantes, con Pepo Suevos, Manuel Manquiña e Pili Pampín.

00.00 h: Verbena no Campo da Feira a cargo da orquestra América de Vigo. 02.30 h: sesión de DJ´s Disco Chocolate no Campo da Feira con DJ Manutxo, Marcos Kintana e Ole Costa.

Sábado, 23

10.00 h: Disparo de Bombas.

10.00 h: Misa.

12.00 h: Pasarrúas a cargo da Banda A Lira de Prado, e concerto posterior ás 13.00 h. na Praza da Igrexa.

17.00 h: Pasarrúas e desfile do I Festival de Bandas de Gaitas con BGG Lembranzas da Terra de Guillarei, Banda de Gaitas Xarabal, Os Dezas de Moneixas e Carballo da Manteiga.

18.00 h: Pasarrúas da Charanga Ardores.

19.00 h: Concerto na Praza da Igrexa do I Festival de Bandas de Gaitas.

20.00 h: Misa.

20.30 h: Concerto na Praza da Igrexa da Banda A Lira de Prado.

21.30 h: Festival de Rock na Praza da Igrexa con Grupo Meu, Cara B e Mala Besta.

22.00 h: Disparo de bombas.

22.30 h: Concerto na Avenida Luis González Taboada da Charanga Ardores.

23.30 h: Verbena no Campo da Feira con Los Platinos e Top Líder. 04.00 h: Macro-Disco Radikal con DJ David Expósito e Raúl Romero. 

Domingo, 24

10.00 h: Disparo de bombas.

10.45 h: Pasarrúas da Charanga Verbeneros.

12.00 h: Misa solemnte cantada pola Coral Polifónica de Lalín, e tradicional ofrenda á Virxe das Dores.

12.30 h: Procesión da Virxe das Dores a cargo da Banda de Música de Lalín.

13.00 h: Disparo de bombas

13.30 h: Concerto a carón da estatua de Loriga da Banda de Música de Lalín. 

18.00 h: Pasarrúas da Charanga Verbeneros.

19.30 h: Actuación do Dúo Pachi Show na Praza da Marina. 2

0.30 h: Concerto xunto á estatua de Loriga a cargo de Serafín Zubiri, acompañado da Banda de Música de Lalín.

22.00 h: Concerto de Broken Peach na Praza da Igrexa.

23.00 h: Actuación de Dúo Pachi Show na Praza da Marina.

00.00 h: Espectáculo Pirotécnico na Rolda Leste, 00.30 h: Verbena a cargo da Orquestra Cinema no campo da feira. 03.30 h: DJ Pacheco e DJ Carlos López.

Luns, 25

10.00 h: Disparo de bombas.

10.00 h: Misa.

10.30 h: Pasarrúas da Asociación Carballeira de Cercio.

12.00 h: Pasarrúas da Nova Banda de Vilatuxe.

12.00 h: Pasarrúas da Charanga Leña Verde.

13.00 h: Concerto na Praza da Igrexa da Nova Banda de Vilatuxe.

18.00 h: Pasarrúas da Charanga Leña Verde.

20.00 h: Misa. 20.30 h: Concerto a cargo da Nova Banda de Vilatuxe na Praza da Igrexa.

22.00 h: Disparo de bombas.

22.00 h: Verbena coas orquestras El Combo Dominicano e París de Noia. 

Martes, 26

10.00 h: Disparo de bombas.

10.00 h: Misa

10.30 h: Pasarrúas dos Trasnos de Doade.

13.00 h: Concerto da Banda de Música de Muimenta na Praza da Igrexa.

18.00 h: Pasarrúas de Repenicando.

20.00 h: Misa. 20.30 h: Concerto da Banda de Música de Muimenta na Praza da Igrexa.

20.00 h: Verbena no campo da feira coa orquestra Os Satélites.

00.30 h: Sorteo presencial de 3.000 euros. A urna para depositar as rifas estará ese mesmo día no KM0 en horario de 17.00 a 22.00 horas. A partir das 22.00 horas estará no campo da feira ata a hora do sorteo.

01.00 h: Verbena no campo da feira coa orquestra Panorama.