D-due, unha empresa de moda de Rianxo con tenda en Xapón

Lorenzana, á dereita, contemplando unha das prendas de D-due / X. G. / J. M.
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou as instalacións da empresa téxtil D-due, de Rianxo, unha das 240 compañías galegas que se teñen beneficiado das axudas da Xunta para favorecer a súa expansión internacional, especialmente cara países como Xapón, onde dispón dunha tenda propia.
Lorenzana puxo en valor o esforzo que o tecido empresarial está facendo por diversificar mercados e comercializar os seus produtos e servizos noutros países. Apuntou ademais que un dos obxectivos da Xunta é impulsar a internacionalización da economía galega e que pemes, autónomos e establecementos comerciais teñan acceso a novas canles e destinos de comercialización. Ao respecto, informou de que, ata o vindeiro 23 de novembro, está aberta a convocatoria das liñas de axuda Galicia Exporta Empresas e o programa Galicia Exporta Organismos Intermedios, que suman máis de 3M€, con axudas máximas que roldan os 95.000 e os 400.000€, respectivamente.
- La propuesta que vuelve a poner en el foco la visita del Papa a Santiago: León XIV deja en el aire su presencia en 2027
- El Último de la Fila hizo historia en Santiago con una de las citas musicales más esperadas del año
- Crónica social compostelana | Reunión de cuatro generaciones de la familia Rúa
- Lalín ultima la Festa do Corpiño que traerá devoción y verbena el día 23 y 24
- Luis Zahera cierra por todo lo alto las fiestas de Fontiñas: 'Seguide sendo ben de barrio, que eso non se perda
- El pueblo gallego que esconde cinco playas paradisiacas: arena blanca, aguas turquesa y un paseo a 50 metros de altitud
- Miguel Ángel Arca recibe un homenaje tras casi 30 años como bombero en Santiago
- Continúa activo el incendio forestal en Padrón que ya ha calcinado 80 hectáreas