Val do dubra e Trazo unen forzas contra un vertedoiro en Niveiro

Van pedir informes sectoriais para intentar evitar a instalación na vella canteira de Niveiro

Os dous mandatarios locais queren reunirse ca empresa que fará a valoración medio ambiental

Entorno da canteira de Niveiro onde pensan que se vai facer un vertedeiro

Entorno da canteira de Niveiro onde pensan que se vai facer un vertedeiro / M. Iglesias

O executivo local de Val do Dubra, co seu alcalde, Diego Luis Díaz e o tenente de alcalde, Antonio Negreira, á fronte, acompañados pola alcaldesa de Trazo, Fina Suárez, participaron nunha reunión aberta para presentar á veciñanza información actualizada sobre o estado no que se atopa a tramitación da instalación dun vertedoiro na antiga canteira de Pedra Facha, en Niveiro. E, polo de pronto, están a encargar informes sectoriais para intentar que no se faga.

Así, e tendo en conta a última sentenza que recaeu sobre este asunto, e que non foi favorable ás pretensións que defendía o Concello dubrés, as autoridades locais quixeron trasladar a preocupación da situación, así como dar conta das actuacións que se estaban a executar para intentar frear esta instalación, tales como a solicitude por parte dos alcaldes de Dubra e Trazo dunha serie de reunións con responsables autonómicos ou a preparación de informes técnicos, medioambientais e xurídicos que serán elaborados por profesionais e expertos na materia, que xa encargou a administración dubresa.

Tamén van pedir unha xuntanza coa empresa que redactará o informe medio ambiental e unha reunión fóra da parroquia para dar conta da gravidade do proxecto para outros concellos.