A Efa Piñeiral conmemora o Día Mundial do Neno e da Infancia

Alumnado, profesores e autoridades participantes no acto celebrado na Efa Piñeiral de Arzúa /Xunta galicia

Alumnado, profesores e autoridades participantes no acto celebrado na Efa Piñeiral de Arzúa /Xunta galicia / REDACCIÓN

Redacción

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu ao acto en conmemoración do Día Mundial do Neno e da Infancia organizado pola Efa Piñeiral de Arzúa. Conversou cos alumnos sobre as actuacións que se realizan desde a Xunta para a protección da infancia e sinalou que un dos cometidos “é velar porque cada neno e adolescente teña unha infancia feliz e que ningunha circunstancia lle impida desenvolver o seu proxecto de vida. Lembrou que se procura a participación da mocidade a través do Consello de Infancia e Adolescencia.

TEMAS