Máis de mil persoas gozaron da terceira Festa do Monte en Ames
Produtos da terra, artesanía e música foron os pratos fortes
“Vai camiño de converterse en tradición”, afirmou o edil Javier Antelo
O campo da festa da parroquia amesán de Trasmonte acolleu este domingo unha exitosa terceira edición da Feira do Monte, que se tivera que aprazar o pasado día 4 por mor do temporal. Dende o Concello estiman que “a afluencia deste ano triplicou a da anterior edición, superando o milleiro de persoas”.
A feira contou coa presenza de Rocigarcia (cerería), Castrexa (agricultura), Silvereira (bixutería en madeira), Comeluz (impresión gráfica en madeira), Cabanas Rural (la artesá de ovella galega con denominación de orixe), Jose Manuel Prado (artesá que elabora traballos en madeira), Discarlux (carne grumete), Toxo Xel (cosmética natural), Panadería Xallas (degustación de pans), Cienporcel (elaborados de porco celta), Boibel (viveiro forestal), Aceites Abril (aceite galego), Castañas de Galicia (produtos derivados da Castaña IGP), Malas Herbas (xoiería con materiais naturais), Asociación Galega de Apicultura, Fento no vento (xoias naturais) e Taberna Casa Abelleira (alimentación).
Castañas, miel, carne, roxóns o pan para todos en la Feira do Monte de Ames este sábado
O evento tamén deu espazo ás artesanías, exposicións de resinas e a un apartado especial para a cosmética e tratamentos naturais, onde se mostraron cremas, locións e ungüentos terapéuticos. Ao longo da xornada houbo demostracións continuadas sobre traballos de torneado da madeira, a cargo de Jose Manuel Prado; degustacións de pan, mel, roxóns e carne de porco celta. Non faltaron tampouco as tradicionais castañas asadas.
Discarlux fixo unha degustación de pequenas hamburguesas (carne grumete) e pola tarde houbo outra de cogomelos a cargo de Manuel Rey, do restaurante Kratos, recoñecido hostaleiro que ofreceu recomendacións sobre a preparación e cociñado destes produtos, mentres preparou un risotto de fungo que se disfrutou xunto con empanada.
A feira tamén contou cunha exposición de cogomelos e expertos nesta materia, que guiaron aos asistentes na diferenciación dos distintos tipos de fungos e a comestibilidade ou toxicidade dos mesmos. A música tradicional correu a cargo do grupo Follas Novas.
Esta foi a primeira edición celebrada con Javier Antelo ao fronte da concellaría de Xestión do Medio Natural, quen valorou de forma moi positiva o seu desenvolvemento e resaltou as boas sensacións coas que marcharon os expositores, que contaron cun gran número de persoas nos seus postos e cuxas expectativas se viron totalmente sobrepasadas.
Antelo expresou que “o éxito da xornada constata que este tipo de eventos espertan interese e moven moita xente” e asegurou que o Concello de Ames “seguirá apostando forte por unha feira que vai camiño de converterse en tradición”.
Temas
Más en Área
-
Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar
-
Iago Toba denuncia que BNG, PP e Independientes negocian una moción de censura en Muxía
-
El festival Bacanito, que se celebrará en Boiro los días 12 y 13 de julio, confirma ya un cartel de 19 DJ’s
-
O melidense Vicente Vázquez Vidal gaña o premio Francisco Añón de poesía na categoría de maiores de 18 anos