Partidos solidarios en Ponteceso e Muros a prol de Mi Princesa Rett e a Asociación Galega de Ataxias

Na vila de Pondal enfrontaranse este xoves unha selección da Costa e a SD Compostela

O sábado, no campo Agra da Figueira, daranse cita o equipo feminino e o Sporting Cambre

Daniela, a nena de Ponteceso afectada polo síndrome de Rett, participou na presentación do partido

Daniela, a nena de Ponteceso afectada polo síndrome de Rett, participou na presentación do partido / QPC

José M. Ramos

Ponteceso e Muros acollerán este xoves, día 28, e o sábado, día 30, respectivamente, dous partidos de fútbol solidarios para recadar fondos a prol de Mi Princesa Rett e a Asociación Galega de Ataxias. Trátase dunha iniciativa do equipo de Deportes do diario dixital Que pasa na Costa.

A primeira cita será o xoves, ás 18.00 horas, no campo do Pinguel, de Ponteceso, e enfrontará a unha selección masculina da Costa e a SD Compostela. O equipo santiagués aproveitará tamén o encontro para render unha homenaxe a todos os xogadores que vestiron a súa camisola.

E o sábado, no campo Agra da Figueira de Louro, ás 16.30 horas, enfrontaranse a selección feminina da Costa e o Sporting Cambre.

Esta iniciativa solidaria conta co apoio dos concellos de Ponteceso e Muros, a SD Ponteceso, a UD Monte Louro e tamén da Real Federación Galega de Fútbol.