“Todo o que estamos a facer é para que a xente estea satisfeita de vivir en Ames”

O alcalde da localidade, Blas García, e a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, recoñecen nun ‘café de redacción’ en EL CORREO GALLEGO que o seu obxectivo é achegarse ao pleno emprego

Ana Paz, Susana López (redactora xefa de El Correo), Blas García y Juan Carlos Carreja

Ana Paz, Susana López (redactora xefa de El Correo), Blas García y Juan Carlos Carreja / Jesús Prieto

Das exitosas políticas de conciliciación postas en marcha nos últimos anos ao tempo da promoción do emprego. Este é unha das ideas base que manexa o equipo de Goberno do Concello de Ames para a actual lexislatura, que aínda botou andar no pasado xuño e se alongará ata o mesmo mes do vindeiro ano 2027. Para falar de proxectos que materialicen este plan, EL CORREO GALLEGO organizou esta semana un café de redacción co alcalde desta localidade limítrofe con Santiago de Compostela, o socialista Blas García, no que tamén participaron a súa concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, e Juan Carlos Carreja, que actualmente exerce como asesor nesta materia para o Executivo do municipio amesán. Os tres coincidiron en que as políticas de emprego e emprendemento teñen unha absouta “prioridade”, desde hai anos, neste concello.

O alcalde de Ames, Blas García, explicou que “o Concello de Ames leva facendo políticas de emprego desde hai moito tempo, xa temos un centro de formación en Aldea Nova onde xa se levan a cabo obradoiros e programas integrados. E neste mandato seguiremos ampliando esa formación que se está dando, e creando sobre todo novos espazos onde poder formar á xente e axudar tamén aos novos emprendedores”.

Neste sentido, destacou o novo espazo colaborativo do Novo Milladoiro, “onde aparte de ser un espazo colaborativo no que a xente emprendedora ten un sitio para poder traballar e desenrolar os seus proxectos, tamén queremos que sexa un centro de referencia nalgúns aspectos, por exemplo, no tema do audiovisual, pondo en marcha o Ames Lab”. Sobre este proxecto, Blas García resaltou que “está orientado a persoas que forman parte do mundo audiovisual, que están vinculadas a el e teñen algún tipo de proxecto que poden presentar alí e alí lle daremos a formación e os tutorizaremos para poder orientalos”.

Ademais, outro núcleo importante que se está facendo no Milladoiro é o Centro Multifuncional, que aparte de contar cunha zona para xente moza, tamén “queremos destinalo para a formación daquelas persoas que teñen difícil a accesibilidade ao emprego”. “Unha vez que estea rematado –proseguiu–, orientaremos este espazo para incidir na formación e, ademais, coa axuda europea continuaremos co programa ‘Ames emprega e integra’ onde formamos a casi seiscentas persoas. Estes son os ámbitos onde nos imos mover e onde imos seguir nos próximos anos”.

Da política de promoción de emprego que se desenvolve en Ames tamén deu conta neste café de redacción a titular desta concelleiría, Ana Paz, que recordou a firme decisión do Goberno do que forma parte de seguir avanzando no tema da formación, onde consideran imprescindible respaldar a determinados colectivos que necesitan un apoio extra para completar a súa formación e inserción laboral. “Sobre todo na organización de cursos que funcionan, porque a maioría a xente que os fai despois consegue emprego. E, neste sentido, a verdade é que temos que agradecer as empresas que colaboran, porque dentro dos cursos de formación despois fanse prácticas en empresas e xente que vai facer esas prácticas xa se queda a traballar, por exemplo, en supermercados ou como monitores de tempo libre ou monitores dos comedores escolares”, afirma.

Juan Carlos Carreja, asesor do Goberno de Ames, referiuse á planifiación que se fai desde o concello de todas estas políticas de formación e emprego, facendo primeiro unha introdución pedagóxica sobre este tema. “Os concellos temos as competencias de execución de políticas deseñadas ou desde o Estado ou desde a comunidade autónoma, a capacidade de autoorganizarse. A nivel europeo está clarísimo que se promociona e se intenta que sexa o ámbito local, onde é máis fácil detectar as necesidades, quen teña a capacidade de financiamento e que non veña derivado doutras políticas deseñadas fóra do territorio”. Despois, falou da “capacidade de autoxestión que levamos anos intentando implementar. Iso non é doado, porque as fontes de financiamento da comunidade autónoma veñen determinadas e desde o Estado tamén, a marxe que se ten está moi marcada polas liñas que establecen as ordes de subvención. E tamén os colectivos aos que van dirixidos”. É dicir –engadiu–, os colectivos desfavorecidos son os beneficiados das políticas activas de inserción onde estamos a traballar. No ámbito das persoas con títulos universitarios ou cunha formación reglada previa, só se cubrirá as eivas que teñen as políticas que se desenvolven no territorio, por exemplo co Ames Lab, o programa de apoio á edición e creación, non só con formación, senón con premios a proxectos que se van autofinanciar con a axuda que conseguimos da Deputación”.

Neste caso é un traballo con colectivos de xente formada, que é moito más doado que facelo con persoas sen formación. Sobre todo se son maiores de 45 anos, mulleres sen un primeiro traballo, mozos menores de 30 anos sen estudios, inmigrantes, ex drogadictos, mulleres víctimas de violencia, persoas que carecen de rentas, que son colectivos “aos que temos que atender desde os concellos e onde a capacidade para poñer en práctica programas específicos para eles conleva un gran esforzo”, di.

Juan Carlos Carreja tamén explicou máis polo miúdo a posta en funcionamento do proxecto ‘Ames emprega e integra’: “Decidimos unha oferta de inserción derivada dun programa europeo non limitado ás axudas que a Xunta Galicia pon en práctica, e iso nos permitiu poder atender a gran cantidade de xente deses colectivos os que queríamos dirixir o programa, nun curto espazo de tempo e cun número de accións formativas e de prácticas laborais tamén importante”.

O Concello de Ames organiza os obradoiros de emprego conxuntamente co veciño concello de Brión e esta formación se fai, segundo aclarou o propio alcalde Blas García, “tendo en contra os ámbitos ou áreas nos que detectamos que se necesita persoal para traballar. Hoxe en día hai varias áreas, varios sectores empresariais onde se ve que hai posibilidades de atopar emprego. E un deles é o das enerxías renovables. Non agora, senón desde hai uns anos. É o sexto abradoiro de renovables que facemos, intercalando algún polo medio de forestal tamén”.

“Que buscamos tamén?”, continúa o rexedor, “buscamos que a súa vez o concello saque tamén un beneficio de todo isto. E como sacamos un beneficio? Pois facendo, por exemplo, as instalacións de paneis fotovoltaicos en edificios municipais ou en espazos municipais. Neste mesmo ano, se colocaron todas as placas fotovoltaicas na depuradora de auga que temos en Lens, un dos edificios municipais onde máis enerxía se consume. Colocáronas os propios traballadores do obrador”.

O alcalde de Ames recordou tamén que, en principio, os concellos non teñen competencias en labores de formación, que son exclusivas das comunidades autónomas, aínda que se poñen en marcha en colaboración cos entes locais. “Todo o que facemos a maiores neste campo en Ames o facemos porque queremos e porque nos interesa que os nosos veciños e as novas veciñas e as nosas empresas podan deselvolverse”, aclarou, xusto antes de dar un dato positivo contundente: “En Ames nestes momentos temos un 8 % de paro. Somos das cidades grandes, entre vinte e cincuenta mil habitantes, a que temos o mellor dato de paro conxuntamente co de Oleiros, que tamén está no mesmo nivel. E creo que iso tamén é froito de todo este traballo que se vai facendo. Cando nós chegamos ao goberno, no ano 2015, os datos do paro en Ames eran do 17 %, aínda que é certo que esta era unha cifra xeralizada”.

E ao fío deste baixo porcentaxe de desemprego, engadiu que “eu case me atrevería a dicir que o paro que temos agora en Ames é estructural. Coa dificultade de que moitas veces pasa que nós imos por aí, á hostelería, por exemplo, e se queixan que non hai persoal. Vas ao tema do transporte e se queixan que non hai persoal. Vs ao comercio e se queixan que non hai persoal. Pois aí, neses sectores que necesitan persoal, é precisamente onde queremos incidir para axudar ás empresas e axudar ás persoas, aos veciños e veciñas de Ames a atopar emprego”.

En programas integrados para o emprego, en Ames se forman cada ano cen persoas, dos cales só o 15 % é xente con estudios. Hai unha formación transversal que incide no que son as competencias persoais, porque a maioría ten moita carencia de habilidades sociais, comunicativas ou informáticas. “Non queremos –indica Juan Carlos Carreja– entregalos directamente a unha formación para un oficio, sen ter pasado antes por esa formación que o que fai é encauzar a falta desas competencias para depois enfrentarse na formación que chamamos propia para o emprego e para as prácticas profesionais que teñen que realizar cada vez que acaben un curso”.

Despois está, ademais, o tema do emprendimento, polo que o Concello de Ames fai tamén unha posta decidida e, dalgunha maneira, capital. “Apostando polo espacio colaborativo, que foi unha das grandes apostas do mandato pasado, polo proxecto municipal desa nave que se chama A Proa. O que queremos é pechar un círculo que en si xa tiñamos no Milladoiro, onde hai un polígono empresarial que funciona moi ben, que ten moitas empresas e dunha variedad enorme, sobre todo no ámbito do audiovisual e de empresas tecnolóxicas”, recalca Blas García.

E sobre o Ames Lab ao que antes fixemos referencia e onde aínda non está iniciada a formación, o rexedor manifestou que “se iniciaron xa os trámites, a mesa de contratación foi o xoves pasado. Xa se adxudicou á empresa que vai a poñer en marcha toda a formación e a captación de persoas”, e destacou “o intesante da interacción con sector audiovisual que vai ter lugar alí”. Ademais, tamén subraiou que neste tipo de formación que terá lugar no Ames Lab o concello que goberna é pioneiro, xa que “a nivel municipal non hai ninguén que o faga. Somos pioneiros. A nivel de entornos locais, cun proceso de iniciación, de apoio, formación, acompañamento... somos pioneiros”.

E, para finalizar o debate, a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, puso o listón dos obxectivos ben alto: “O que queremos no concello é baixar a lista do paro, que vai baixando mes a mes, pero se se pode chegar a cero, mellor. Seguro que non chega, pero canto mais abaixo chegue moito mellor”. “A verdade é que creo que estamos facendo un moi boi traballo, elixindo cursos que favorecen as necesidades das empresas e que axudan ás persoas”, rematou.

"Todo o que estamos a facer é para que a xente estea satisfeita de vivir en Ames"

Acabar dunha vez por todas coa idea de que Bertamiráns e O Milladoiro, os dous principais núcleos urbanos e de poboación de Ames, son dúas pequenas cidades dormitorio, que viven e crecen ao amparo de Santiago de Compostela, é un dos claros obxectivos dos últimos gobernos que tivo este municipio. Parece algo básico para empezar a crear conciencia colectiva do que significa ser de Ames e poder asentar unha forma de vida máis estable, que non dependa tanto do que pasa na capital, nin se baleiren as rúas cada fin de semana ou nos periodos de vacacións. Sobre este tema pronunciouse o alcalde, Blas García, quen dixo que “non recoñecer que Milladoiro e Bertamiráns foran cidades dormitorio é estar mentindo e ir contra a historia. Si, o foron no seu momento, pero hoxe en día xa non o son. En Bertamiráns hai moitas familias e maioritariamente son familias que están alí establicidas, viven alí e fan alí a súa vida, independentemente de onde traballen. E no Milladoiro pasa outro tanto. Cada vez hai máis xente de Milladoiro que se cre que é do Milladoiro. No seu momento foron cidades dormitorios, no se pode negar, foi un fenómeno que axudou á expansión do concello de Ames, pero agora xa non é así”.

“Todo o que estamos a facer é para que a xente estea satisfeita de vivir en Ames”

Avenida da Peregrina, unha das saídas de Bertamiráns / M.M.

“Todo o que estamos facendo desde o Concello –enlazou– fai que a xente se sinta orgullosa e satisfeica de vivir en Ames. Os concellos son as persoas, non os quilómetros cuadrados que ocupan ou os quilómetros asfaltados que teñen, os concellos son as persoas e nós facemos que estas se sintan orgullosas de vivir aquí”.

Precisamente, Juan Carlos Carreja, asesor do Executivo local de Ames, recalcou a importancia de deseñar e poñer en práctica proxectos propios para seguir facendo concello: “Non podemos deixar que só a Xunta de Galicia ou as institucións do Estado desde Madrid decidan sobre as nosas capacidades de ser unha sociedade máis cohesionada e máis potente para enfontarse ao futuro”. E, deseguido, definiu ese futuro: “O futuro é emprego digno, é educación, é mellores condicións medioambientais, é formar parte do que é a necesidade de enfrentarnos ao futuro a todos os niveles. E nisto a formación está claro que ten un papel importante. E a clave disto está tamén na colaboración entre as tres administracións públicas”.

Pola súa parte, a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, resaltou a capacidade do concello de Ames para saír en auxilio dos colectivos máis febles e vulnerables, como poden ser as mulleres de certa idade ás que de súpeto lles cambian as condicións de vida. “Ao final, as mulleres xa sabemos que teñen máis cargas, a atención da casa, a atención dos nenos e parentes, e moitas veces cando a súa situación familiar cambia vese sen traballo, sen estudios e ten que empezar de novo. E aí estamos nós para axudarlles a saír adiante e mellorar as súas perspectivas”, explica. E, neste sentido, agradece tamén a colaboración das empresas radicadas no municipio amesán, que dan oportunidades aos veciños “para que poidan seguir facendo vida no concello de Ames”.