Carballo creará este ano seis prazas de funcionarios, tres delas para Policía Local

As outras serán para técnicos de urbanismo e turismo, e unha de auxiliar administrativo

A Corporación aprobou o maior orzamento da historia local por valor de 31,5 millóns

A concelleira de Facendo, Belén Lendoiro, explicando o orzamento no pleno de Carballo

A concelleira de Facendo, Belén Lendoiro, explicando o orzamento no pleno de Carballo / Concello de Carballo

J. M. Ramos

A corporación de Carballo aprobou no primeiro pleno do ano o orzamento máis elevado da historia do Concello: 31.539.516,80 euros. A proposta do goberno saíu adiante con 13 votos a favor do grupo de goberno (BNG), 5 en contra (PP) e 2 abstencións (PSOE).

A concelleira de Facenda, Belén Lendoiro, presentou as grandes cifras do orzamento, que é tamén o primeiro do mandato. O debate ocupou a práctica totalidade da sesión, xa que o primeiro punto, o cadro de persoal do Concello de Carballo para este exercicio, foi aprobado por unanimidade.

O cadro de persoal está integrado por 153 prazas de funcionarios e 117 de persoal laboral, das cales están vacantes 78 e 90, respectivamente. Para este ano está prevista a creación de tres prazas de funcionarios da Policía Local, unha de técnico medio de urbanismo, outra de técnico de información turística e unha de auxiliar administrativo (por xubilación da persoa titular). Así mesmo, no cadro de persoal laboral fixo discontinuo incorpóranse unha praza de auxiliar da Policía Local, 28 de socorrista e catro de coordinador socorrista, e como persoal laboral fixo a tempo parcial créanse 15 prazas de profesorado do Conservatorio Municipal de Música.

TEMAS