Os veciños de Boiro e A Pobra reciclaron máis setenta e cinco toneladas de téxtil o pasado ano

Os Concellos contan co apoio de Cáritas, Arroupa, Humana e Texlimca

Recíclase para fins sociais e para fabricar materias primas para outros produtos

Contedor de recollida de téxtil na zona portuaria de A Pobra do Caramiñal

Contedor de recollida de téxtil na zona portuaria de A Pobra do Caramiñal / Concello da Pobra

J. M. Ramos

A veciñanza de Boiro e A Pobra do Caramiñal reciclou o pasado ano máis de 75 toneladas de téxtil. No municipio boirense rondaron as 40 toneladas a través dun servizo de recollida que levan a cabo o Concello e Cáritas de Santiago, ao abeiro dun convenio asinado no ano 2020. 

Actualmente, en Boiro contan con seis contedores ubicados na Praza da Mancomunidade, na igrexa de Santa Baia, na rúa Principal, na estrada xeral de Cabo de Cruz e en Escarabotiño. Todo o material recollido é trasladado á planta da empresa xestora para a súa clasificación. Os residuos que non poden ser reutilizables son tratados por un xestor integral para a súa reciclaxe.

Pola súa banda, na Pobra recolleron algo máis de 36 toneladas de roupa e calzado o pasado ano nos 12 colectores dispoñibles, o que supón un lixeiro incremento respecto a 2022. A recollida corre a cargo da varias entidades: Arroupa, Humana e Texlimca

O concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, asegura que “o obxectivo de darlle unha segunda vida a aquela vestimenta que xa non se usa e contribuír así á separación na orixe para evitar que acabe no xenérico”. As prendas recollidas destínanse a fins sociais e para fabricar materias primas para outros produtos.