As Torres do Allo reviven con visitas guiadas, xogos de pistas, obradoiros e unha exposición
Na Semana Santa abrirán as súas portas de 11.00 a 20.00 horas
A actividade das Torres do Allo (Zas) reactívase coa chegada da primavera cun amplo abano de propostas. Na Semana Santa abrirán de 11.00 a 20.00 horas con visitas guiadas ás 13.00 e 17.00 horas, e os máis cativos poderán desfrutar do xogo de pistas A aventura do Allo.
En xuño inaugurarase a exposición Zas, na ollada dos Vidal e celebrarase a terceira Xornada sobre o liño. Ao longo do ano haberá tamén obradoiros especiais temáticos. No verán os nenos e nenas participarán no campamento Zas no verán.
Costa da Morte, a terra dos cen pazos: das Torres do Allo ás do Cereixo
O domingos de xullo e agosto volverán as visitas teatralizadas da man dos Quinquilláns, e o 31 de agosto festexarase a Romaría de San Ramón.
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, presentou este luns a programación, que ten como obxectivo “converter ao pazo más antigo de Galicia nun referente cultural da Costa da Morte”, afirmou. En consonancia con esta liña de traballo, e en virtude do convenio asinado coa Deputación da Coruña, o Concello de Zas destinará este ano máis de 25.000 € para actividades culturais e didácticas.
Temas
Más en Área
-
Estabilizada la incidencia de la gastroenteritis en los colegios de Ames al sumar apenas seis casos en las últimas horas
-
“Chamarei ás portas que faga falta para sacar adiante o que os veciños precisan”
-
Dodro presenta a obra que gañou o premio Baleirón e Boqueixón e A Baña entregan os seus galardóns das Letras
-
Detectan decenas de casos de gastroenteritis en el colegio de Ventín Ames e investigan la comida del comedor