Ames suma unha canle de WhatsApp ás súas vías de comunicación coa veciñanza
Estará operativa a partir do vindeiro martes, día 19
Achegará novas relacionadas co Concello, a axenda de ocio e avisos relevantes
Súmase aos perfís nas redes sociais
O Concello de Ames sumará o martes, 19 de febreiro, ás súas vías de comunicación unha canle de WhatsApp, un servizo que vai permitir que todas as novas relacionadas coa institución, a axenda de ocio do concello ou os avisos relevantes de última hora se transmitan de forma instantánea ao teléfono móbil das persoas que así o desexen.
Dende o Concello subliñan que “vai permitir trasladar a información municipal dunha forma máis eficaz. Deste xeito, de luns a domingo, ofreceranse ao completo a axenda prevista, a información de relevancia e os avisos de última hora”.
Ao inicio de cada semana e cando se acheguen o sábado e o domingo, ofrecerase unha axenda lúdica con propostas variadas e para todos os públicos. Un calendario de lecer que se completará co acceso á información de cursos e actividades organizadas polo Concello, e o recordatorio dos seus prazos e vías de inscrición.
Neste sentido, o goberno local considera que as canles de WhatsApp son “unha forma sinxela, confiable e privada de recibir novidades importantes directamente na aplicación. Non require unha instalación extra e pódese acceder directamente na pestana de Novidades”.
Ames sumará un festival internacional de danza y potenciará los monólogos y la música en rural
Cada persoa que desexe ser partícipe deste novo servizo informativo terá que completar dous sinxelos pasos dentro da aplicación de WhatsApp que xa ten instalada no teléfono móbil. O primeiro será premer sobre o enlace dispoñible na páxina municipal do Concello de Ames (www.concellodeames.gal).
En segundo lugar, para activar as notificacións, haberá que entrar no chat da canle e clickar no símbolo da campá tachada que se encontra na parte superior.
A nova canle de WhatsApp do Concello de Ames súmase aos perfís oficiais de Facebook, X e Instagram, que ofrecen todos os detalles de actualidade municipal, información dos servizos que lle poden interesar á cidadanía e as propostas culturais de Ames.
As redes sociais do Concello experimentaron un gran crecemento nos últimos anos. Así, contan con 10.518 seguidores en Facebook, 5.219 en Instagram e 2.381 en X. Ademais, a administración local conta con outros sistemas personalizados de envío de avisos, actualidade e axenda municipal, como a canle oficial de Telegram e o servizo de envío diario de boletíns informativos vía correo electrónico, que na actualidade conta con 1.300 persoas subscritas. Estes novos contidos súmanse á Ames Radio (amesradio.gal), á galería de fotografías da web municipal e á canle de Youtube.
Temas
Más en Área
-
Mueren los conductores de dos vehículos tras colisionar en la carretera nacional N-550 a la altura de Ordes
-
Estabilizada la incidencia de la gastroenteritis en los colegios de Ames al sumar apenas seis casos en las últimas horas
-
“Chamarei ás portas que faga falta para sacar adiante o que os veciños precisan”
-
Dodro presenta a obra que gañou o premio Baleirón e Boqueixón e A Baña entregan os seus galardóns das Letras