Ruta poética co escritor estradense Xosé Luna por Fisterra e Muxía
A cita é o sábado, día 16, ás 12.00 na fin da Terra e 13.00 horas na vila da Barca
O polifacético poeta, narrador, dramaturgo e ensaísta Xosé Luna protagonizará o vindeiro sábado, día 16 de marzo a Ruta Poética 3 + 3 no Hotel Bela Fisterra e o Albergue Bela Muxía. Recitará nas terrazas tres poemas en cada establecemento. Ás 12.00 hora estará na fin da Terra e unha hora despois na vila da Barca.
Aqueles que non poidan asistir en directo, poderán seguir o recital en streaming no Facebook e ademais participarán no sorteo dunha obra do autor estradense. Luna foi director de Edicións Fervenza, ademais de dinamizador cultural, fundador da Festa da Poesía e do Partido de Fútbol a prol da lingua galega e creador do Premio de Teatro MOME Varela Buxán.
Xosé Manuel Lobato presenta ‘Natureza Camiño Emocións’ no hotel literario Bela Fisterra
Xosé Luna é autor de máis dunha vintena de libros e colaborador en diversos medios galegos. No seu haber destacan premios como o Roberto Blanco Torres por As cometas da vida (1999), Avelina Valladares de Poesía por Memorias do Cairo (2003) e por O tempo entre as mans (2029), ademáis do premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela (2013).
Temas
Más en Área
-
Especialistas en acrobacias a motor llenarán de adrenalina la Semana Verde de este año
-
O Punto de Intervención de Íntegro presta apoio a 68 mulleres do rural de Costa da Morte con diversidade
-
El cinturón de Santiago suma ya el 18% de las viviendas de uso turístico que existen en Galicia
-
A Pobra redescobre o pasado conserveiro da vila a través do documental de Lesmes Iglesias