As antigas telleiras fan renacer os vínculos que no século XX unían á Laracha co Baixo Miño
O Concello editará un libro do escritor e historiador Xabier Maceiras
O municipio larachés avoga por un irmandamento co Rosal e A Guarda
O escritor, documentalista e historiador Xabier Maceiras recuperará no libro As Telleiras da Laracha e os cabaqueiros do Baixo Miño os vínculos que durante o século XX uniron ao municipio larachés cos do Rosal e A Guarda. A obra, editada polo Concello da Laracha, verá a luz a finais de setembro, e pretende ser unha homenaxe a unha industria tan importante para o municipio dende hai máis dun século, e que aínda se mantén na actualidade. Ademais, quérese recuperar a memoria das antigas telleiras, dos seus propietarios e dos centos de persoas que traballaban nelas.
A Laracha expropiará o conxunto arquitectónico das Torres de Cillobre, datadas no século XIV
Moitos deses traballadores chegaron á Laracha procedentes do Rosal e A Guarda. É por iso que os tres rexedores, José Manuel López (A Laracha), Ánxela Fernández (O Rosal) e Roberto Carrero (A Guarda) avaliaron nunha xuntanzan a posibilidade de levar a cabo iniciativas de carácter oficial como un irmandamento que faga de conexión entre os tres concellos e favorezan a posta en valor da historia das telleiras larachesas e dos cabaqueiros do Baixo Miño.
Temas
Más en Área
-
Clun y Fefriga unen fuerzas para formar a los jóvenes ganaderos
-
Alrededor de 650 mayores festejaron el San Isidro en Rois y homenajearon a Xan do Pemento
-
Ames e Santiago conservan a Festa do Apego para darlle pulos ao idioma de Castelao e de Rosalía de Castro dende a nenez
-
La CIG critica la caída del falso techo en la escuela infantil de Milladoiro y la Xunta asegura que va a cambiar el tejado