A Festa da Empanada porá este luns o broche de ouro ás Feiras do Abril en Val do Dubra

A boa afluencia de público durante toda a fin de semana malia o mal tempo demostrou o boa acollida por parte da veciñanza ao cambio de localización dos festexos ao núcleo de Bembibre

A actuación do cómico Pepo Suevos o pasado venres

A actuación do cómico Pepo Suevos o pasado venres / Antonio Hernández

Coa chegada do mes de abril, que mañán ofrecerá o seu albor, Val do Dubra pechará unha nova edición das súas Festas do Abril. Porén, os veciños e asistentes poderán despedir as súas festas grandes cun bo sabor de boca grazas á tradicional Festa da Empanada no Campo da Feira e o mercado de primeiro de mes, que contará coa presenza dunha polbeira e onde o público poderá saborear a carne de vaca cachena –a raza bovina máis representativa de Galicia–.

A xornada deste domingo deu comezo xa pola mañán cunha exposición de gando, na que precisamente os exemplares de cachena foron os principais protagonistas, ademais dos cabalos da man de Proxecto Home de Cernadas, galiñas e cabras. Mentres, un posto con xogos tradicionais fixo as delicias dos máis cativos e o mercado de artesanía continuaba a pleno rendemento. Xa contra o mediodía, o grupo musical Alborada amenizou unha sesión vermú que contou tamén cunha importante afluencia de público.

Pola tarde, tras un receso para o xantar, unha charla sobre apicultura e a actuación do coñecido pallaso Peter Punk, que co seu espectáculo “Chungo que te cagas” cautivou ao público máis mozo, pecharon con éxito a penúltima xornada das Feiras do Abril valdubresas.

Unhas festas que contaban coa importante novidade do seu emplazamento no aparcadoiro de San Lourenzo no núcleo de Bembibre. Un cambio consensuado con veciños e empresarios que tivo unha gran acollida vista a importante concurrencia de asistentes durante toda a fin de semana.

Así se puido ver tamén na xornada do sábado onde a actuación do cómico Pepo Suevos e a verbena nocturna a cargo da orquestra Metrópolis e a Discomóbil CDC foron os principais atractivos e que achegaron ao Val do Dubra a veciños de toda a comarca santiaguesa.