O CIS Madeira eloxia o uso de especies galegas na renovación do paseo marítimo de Caión
Esta primeira fase, que afecta o sector do Sendeiro de Saldoiro, ten un orzamento de 88.500 euros
O Concello da Larachaestá rematando a primeira fase do proxecto de renovación e mellora dos elementos de protección dun tramo do paseo marítimo de Caión, que afecta ao sector do Sendeiro de Saldoiro que comunica a Praza Eduardo Vila Fano co acceso principal á praia das Salseiras. A renovación da varanda de madeira, incluíndo as escaleiras intermedias de baixada aos areais do Caracoleiro e das Salseiras, estase a facer con material e deseño sostibles, empregando na construción madeira de castaño autóctona, esteticamente axeitada e adaptada á contorna. Tamén se inclúe no proxecto a mellora da sinalización e a instalación de novo mobiliario.
Compostela y Bergantiños remontan el bajón de 2023 como líderes del sector maderero
Os traballos estiveron supervisados polo Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS Madeira), que destacou a calidade dos materiais e o excelente resultado obtido nunha actuación que considera exemplo de obra nova que pon en valor as especies frondosas e promociona a madeira na construción. Esta primeira fase ten un orzamento de 88.500 euros.
Más en Área
-
Guadalupe Vázquez e Modesto Fraga inauguran a biblioteca rural da escola fisterrana do Val de Duio
-
Mueren los conductores de dos vehículos tras colisionar en la carretera nacional N-550 a la altura de Ordes
-
Estabilizada la incidencia de la gastroenteritis en los colegios de Ames al sumar apenas seis casos en las últimas horas
-
“Chamarei ás portas que faga falta para sacar adiante o que os veciños precisan”