Dez asociacións difunden o seu labor na terceira edición da Feira da Saúde e Ben-Estar en Ames
Complementouse con charlas, faladoiros, obradoiros e exposicións
A Feira da Saúde e Ben-Estar de Ames xuntou na praza da Maía, en Bertamiráns, á Asociación Española contra o Cancro, Alcer, Anedia, Acem, Fonte da Virxe, Alcohólicos Anónimos, Alanon, Conartrites, Asanog e Aeppna, dez colectivos que informaron aos asistentes sobre o seu labor. O encontro complementouse con charlas e faladoiros na Casa dos Maiores, nas que se abordaron temas como a sexualidade no eido das patoloxías crónicas, a menopausia e as accións de Alcohólicos Anónimos.
Ames: una nueva caminata para conocer el valor de As Fragas do Tambre
Houbo tamén obradoiros, unha sesión de TaiChi e unha ruta de marcha nórdica. Ademais, a xunta local da Asociación Española contra o Cancro de Ames participou con dúas exposicións e cunha charla sobre o cancro de mama.
O alcalde, Blas García, destacou que “esta feira é un evento marca Ames. Gústanos ir sempre máis alá e poñer a persoa no centro das políticas”. A concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, subliñou que “pretendemos darlle visibilidade a todas estas entidades”.
Temas
Más en Área
-
Los comedores de Ames superan la inspección de Sanidade tras el brote de gastroenteritis
-
Cogami abre en A Estrada un piso adaptado en el que conviven tres personas con discapacidad
-
Boiro restaura ya la capilla del Pazo de Goiáns, tras la vivienda y la torre
-
O teense de moda que derruba barreiras coa música en galego por bandeira