Síguenos en redes sociales:

MOTOR

Coche e hotel por mercar un vehículo nos talleres de Feriauto

Sortearán un paquete de Smartbox entre as persoas que merquen un vehículo ata o 15 de maio

Coche e hotel por mercar un vehículo nos talleres de FeriautoFeirauto

Os tres talleres de Baio (Zas) que promoven Feirauto sortearán unha noite de hotel para dúas persoas entre quenes merquen un coche entre o 15 de abril e o 15 de maio. Actualmente, dispoñen nas súas instalacións de máis dun cento de vehículos seminovos e de ocasión de diferentes marcas e modelos (SUV, familiares, furgonetas) e de gama media-alta.

"Unha noite nun hotel sempre é unha experiencia especial e por iso en Feirauto Baio acabamos de poñer en marcha un sorteo tamén especial", subliñan os organizadores. Os agraciados poderán escoller entre as diferentes estancias incluídas no paquete Smartbox.

Ademais, a Asociación do Automóbil de Baio xa ten programada a 53 edición de Feirauto, que se celebrará os días 7, 8 e 9 de xuño. Porán á venda, a uns prezos especiais, coches seminovos, kilómetro cero e de ocasión de gama media-alta. Un ano máis, os promotores contarán co apoio da Federación de Empresarios da Costa da Morte (Fecom) e do Concello de Zas.

Pulsa para ver más contenido para ti