Tres rapaces do IES Terra de Xallas chegan a final do Young Business Talents en Madrid
Case 5.000 equipos de toda España participaron a competición de simulación empresarial
Os xalleiros conseguiron clasificar ao instituto no terceiro posto da provincia da Coruña
O IES Terra de Xallas chega ata Madrid co concurso de simulación empresarialYoung Business Talents. O centro repite outro ano máis coa súa participación no prestixioso certame cun grupo tres alumnos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas. A competición congregou nesta edición a case 5.000 equipos de toda España, resultando os xalleiros os terceiros a nivel provincial. A final de hoxe reúne a 100 equipos entre os que os de Santa Comba agardan levarse a victoria.
O ano pasado os alumnos tiveron que enfrontarse ao reto de xestionar unha empresa de productos lácteos. A dificultade da actividade residía no feito de ter que controlar os beneficios e os gastos, tanto variables (por exemplo, a publicidade) como fixos (salarios dos traballadores, entre outros), desta factoría ficticia. Este ano os rapaces terán que desenvolver unha empresa de cremas hidratantes e solares.
La ANPA del Colegio Barrié de la Maza de Santa Comba pide la reforma del centro con 3.212 firmas
O principal obxectivo do encontro é conseguir o máximo beneficio posible, superior ao que obteña a competencia e poder liderar o sector cosmético. Isto desenvólvese sen ter coñecemento do prezo que lle porán aos produtos o resto de equipos. “Esperamos que teñan mellor sorte que na edición pasada”, explica Marisol Lorenzo, profesora do IES Terra de Xallas que lles acompañará a Madrid, en referencia ao resultado que obtiveron na anterior ocasión os rapaces que representan ao centro educativo.
“É un orgullo que estean entre os 100 mellores”, afirma Lorenzo. Durante semanas os concursantes de Santa Comba estiveron preparándose para o desafío de hoxe con intensas sesións de adestramento para estar á altura da competencia. Dende o centro destacan a cita como “unha oportunidade única” para os tres rapaces que levarán o Xallas ata Madrid. Ademais, demostrarán as súas “habilidades empresariais” e conseguirán “experiencia práctica na resolución de problemas”, todo isto nunha “contorna competitiva”. A actividade outorgaralles aos xalleiros a posibilidade de interactuar cos outros participantes e os profesionais presentes do sector empresarial, empregando unha realidade virtual.
“Exército Mekemeke”: o podcast en galego con acento amesán que chegou aos Ondas
O equipo tamén quixo mostrar a súa gratitude ás empresas da zona que quixeron patrocinar a súa travesía ata a final madrileña, tanto o ano pasado como este. Dende o centro síntense “moi orgullosos da dedicación e o esforzo dos estudantes para chegar a esta etapa do concurso”. Para Marisol chegar ata a final “xa é unha victoria”.
Temas
Más en Área
-
Boiro inicia la restauración de la capilla del Pazo de Goiáns
-
Los comedores de Ames superan la inspección de Sanidade tras el brote de gastroenteritis
-
Cogami abre en A Estrada un piso adaptado en el que conviven tres personas con discapacidad
-
Boiro restaura ya la capilla del Pazo de Goiáns, tras la vivienda y la torre